O FC Zenit San Petersburgo é un club profesional de fútbol da cidade de San Petersburgo en Rusia. O equipo foi fundado en 1925, e compite na Liga Premier de Rusia, torneo que gañou en 2007, 2010 e 2011/12.
En 2008 o Zenit xogou a final da Copa da UEFA fronte ó Rangers FC, vencendo por 2-0, e acadando deste xeito o seu primeiro título europeo. Uns meses despois venceu na Supercopa de Europa ó Manchester United por 2-1.
Palmarés
Competicións nacionais En Rusia: Liga de Rusia (5) = 2007, 2010, 2011/12, 2014/15, 2018/19 Copa de Rusia (2) = 1999, 2010 Copa da Liga (1) = 2003 Supercopa Rusa (2) = 2008, 2011 Na URSS: Liga da URSS (1) = 1984 Copa da URSS (1) = 1944 Supercopa Soviética (1) = 1984
Competicións continentais Copa UEFA: 2007–08 Supercopa de Europa: 2008
Estadio 300px|dereita|miniatura|Estadio Petrovsky, fogar temporal do Zenit San Petersburgo. En 2007 foi derrubado o estadio Kirov, fogar do Zenit ata entón, e no seu lugar está a ser construído o futuro novo estadio do Zenit, que terá unha capacidade para acoller 69.500 seareiros. O futuro estadio acollerá encontros do Mundial de Fútbol Rusia 2018. Ata que o novo estadio non se remate, o Zenit xogará os seus encontros como local no estadio Petrovsky, que ten unha capacidade para mais de 21.000 persoas.
Xogadores
16px
Véxase tamén
Outros artigos San Petersburgo Copa da UEFA
Ligazóns externas Páxina oficial do Zenit San Petersburgo
Categoría:Equipos de fútbol de Rusia