Talhaern Tad Awen ou Talhaearn Tad Awen (traballou a mediados do século VI), foi, segundo as fontes medievais galesas, un famoso poeta britano da Britania posromana. Sitúase como un dos máis antigos poetas que compuxo e recitou en galés. Os poetas máis coñecidos, Aneirin e Taliesin, que poderían ser contemporáneos seus algo máis novos, tamén pertencen a esta xeración, a primeira das que os estudosos modernos coñecen como Cynfeirdd ("primeiros poetas"). Mentres os manuscritos galeses medievais conservan versos compostos ou atribuídos a estes, non pasa o mesmo con Talhaearn e de feito a súa fama inicial parece terse esvaecido na Idade Media posterior. Historia Brittonum Unha pasaxe interpolada na Historia Brittonum (século IX) descríbeo como un poeta famoso, xunto con Aneirin, Taliesin e dúas figuras menos coñecida,s Blwchfardd e Cian:
Tunc Talhaern Tat Aguen in poemate claruit, et Neirin, et Taliessin, et Bluchbard, et Cian qui vocatur Gue[ni]th Guaut, simul uno tempore in poemate Brittanico claruerunt.
Daquela Talhaearn Tad Awen (no manuscrito Talhaern Tataguen) tivo fama en poesía, e Neirin e Taliessin e Bluchbard e Cian, que se chama Gueinth Guaut, nun mesmo momento tiveron fama na poesía británica.
O epíteto Tataguen ou, na súa forma posterior, Tad Awen, significa "pai da Musa" ou "pai da inspiración poética",Lewis, "The historical Background of Early Welsh Verse", p. 31. e o seu nome, que ten en común con Taliesin o primeiro elemento tal ("cella, fronte"), tradúcese como "Fronte de ferro".Koch, "Five Poets, Memorandum of the" O contexto da pasaxe parece ligar estes cinco poetas con mediados do século VI, cando un xefe que doutro xeito descoñeceríamos chamado Eudeyrn (MS. [O]utigirn) loitou contra os anglosaxóns, especialmente Ida, rei de Bernicia, e cando Maelgwn rexía o reino de Gwynedd. O alcuño honorífico Talhaearn e o lugar que se lle outorga na enumeración dos poetas britanos pode indicar que era visto como o "pai" da antiga poesía galesa, posibelmente precedendo aos outros por pouco tempo.
Alusións na poesía medieval galesa A figura de Talhaearn aparece de maneira marxinal en varios textos posteriores en galés medio. Nas Tríades galesas, nnºº. 33 e 34, o seu patrón parece ser o mesmo capitán que matou a Aneirin. A primeira destas, tríade 33, contén un Heidyn fillo de Enygan ou Heiden fillo de Efengad, posibelmente un líder do "Vello Norte",Bromwich, Trioedd Ynys Prydein, p. 74. responsábel dun golpe fatal de machado na cabeza de Aneirin.Trioedd Ynys Prydein, ed. and tr. Bromwich, tríade 33 e 33W.Na tríade 33W, Aneirin é denominado filla de Teyrnbeirdd (merch teyrnbeirdd), pero a xulgar pola versión máis corta da tríade no manuscrito Peniarth 51, isto non é mías que unha evidente corrupción de mechdeyrn beirdd "xefe supremo dos bardos". Bromwich, Trioedd Ynys Prydein, p. 72; Ford, "Death of Aneirin", p. 45. Na versión desta tríade atopada no Llyfr Gwyn Rhydderch, identifican a Heiden como "o home que adoitaba dar cen bois cada sábado a Talhaearn".'y gvr a rodei gan muv pob Sadarn yg kervyn eneint yn Talhaearn'. Trioedd Ynys Prydein, ed. and tr. Bromwich, Tríade 33W. A natureza precisa destas entregas fica pouco clara; can muv pode, por exemplo, ser un erro de escriba por can mu, unha unidade de valor descrita noutros sitiosBromwich, Trioedd Ynys Prydein, p. 73 En calquera caso, a probabilidade é que Heiden fose o patrón de TalhaearnFord, "Death of Aneirin", p. 45. e é por iso posíbel que a pasaxe aluda a unha historia perdida sobre a rivalidade entre os dous grandes poetas.Bromwich, Trioedd Ynys Prydein, p. 509. Ao listar os "Tres desgraciados golpes de machada" de Britania, a tríade 34 tamén alude á anécdota (malia empregar a variante do nome Eidyn), pero só unha versión dun manuscrito tardío menciona a Talhaearn.Trioedd Ynys Prydein, ed. Bromwich, Tríade 34 (C 18).
Unha mención posterior de Talhaearn aparece nun difícil poema galés medio chamado Angar Kyfyndawt, que só se conserva no Libro de Taliesin. Taliesin aparece aquí como a voz en primeira e terceira persoa do poema, que se presenta a si mesmo como un poeta experto e inspirado. De paso, tivo que se fererir unha vez a Cian e dúas a Talhaearn.Angar Kyfyndawt, ed. J. Gwenogvryn Evans, 19.4 (Cian), 20.4 (ieith Talhayarn), 21.16-7 (Talhayarn yssyd mwyhaf ysywedyd). Talhaearn é louvado como o "meirande dos sabios" (mwyhaf y sywedyd), unha reputación á que se alude algunhas liñas antes. A edición e tradución que intentou Sarah Lynn Higley é a seguinte:
| kerdwn duw yssyd || | É un xograr de Deus [kerdwn emendado en kerdwr "cantante, músico"],
| trwy ieith talhayarn. || | a través da lingua de Talhaearn, [cf. trwy ieith taliessin "a través da lingua de Taliesin", liña 7]
| bedyd budyd varn. || | o bautismo do adiviño do xuízo,
| Avarnwys teithi || | que xulgaba as cualidades
| angerd vardoni. || | do don da poesía.Angar Kyfyndawt, ed. and tr. Higley, lines 68-72. |} Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Angar Kyfyndawt, ed. 19.1—23.8; ed. e tr. *
Koch, John T. (2006). "Five Poets, Memorandum of the". En John T. Koch. Celtic Culture. A Historical Encyclopedia. 5 volumes. Santa Barbara, Denver and Oxford: ABC Clio. pp. 750–752.
Outros artigos John Jones (Talhaiarn)
Categoría:Poetas galeses medievais Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido