A Nebulosa da Tarántula (tamén coñecida coma 30 Doradus, ou NGC 2070) é unha rexión H II da Gran Nube de Magallanes, encadrada na constelación austral do Peixe Dourado. Orixinalmente pensouse que era unha estrela, pero no ano 1751, Nicolas Louis de Lacaille recoñeceu a súa natureza nebulosa.
Características A Nebulosa da Tarántula ten unha magnitude aparente de 8. Considerando a súa distancia duns 49 kpc (160 000 anos luz), este é un obxecto non estelar moi luminoso. A súa luminosidade é moi grande: se a comparamos coa Nebulosa de Orión, se a Nebulosa da Tarántula estivese tan próxima á Terra coma a Nebulosa de Orión, a Nebulosa da Tarántula sería capaz de xerar sombras no noso planeta. De feito, é a rexión máis activa de formación estelar dentro do Grupo Local de galaxias. Tamén é a rexión deste tipo máis grande dentro do Grupo Local cun diámetro estimado de 200 pc. A nebulosa reside na beira de avance da Gran Nube de Magallanes, onde a presión de avance comprime o medio interestelar. No seu núcleo descansa o cúmulo R136 (dun diámetro aprox. de 35 anos luz) que produce a meirande parte da enerxía que fai visible a nebulosa. A masa deste cúmulo é dunhas 450 000 masas solares, suxerindo que nun futuro se vaia a converter nun cúmulo globular.
Ademais do cúmulo R136, a Nebulosa da Tarántula tamén contén un cúmulo máis vello, catalogado coma Hodge 301, cunha idade comprendida entre os 20 e 25 millóns de anos. A estrela máis masiva que existía neste cúmulo estourou coma supernova. Esta foi a supernova observada que estaba máis preto da Terra dende a invención do telescopio, a Supernova 1987A, que ocorreu na parte exterior da Nebulosa da Tarántula.
A nebulosa é a maior fábrica de estrelas coñecida na nosa zona do universo.
Galería
miniatura|centro|500px|O cúmulo novo de RMC 136a
Notas
Véxase tamén
Outros artigos R136, gran cúmulo estelar da Nebulosa da Tarántula. Hodge 301, outro cúmulo estelar dentro da Nebulosa da Tarántula.
Ligazóns externas APOD Images: 2003 agosto 23 & 18-05-2010 SEDS Data: NGC 7020, The Tarantula Nebula Hubble Space Telescope Images of: The Tarantula Nebula European Southern Observatory Image of: The Tarantula Nebula
Categoría:Rexións H II Categoría:Constelación de Dorado