Ricardo Alzugaray Yanguas, finado en Madrid o 30 de outubro de 1878, foi un xurista e político español.

Traxectoria Doutorouse en dereito na Universidade Central de Madrid en 1858, onde leu a disertación El estado en sus relaciones sociales é individuales. Participou en conferencias a favor do librecambismo no Ateneo de Madrid, onde trabou amizade con Pedro Antonio de Alarcón, e foi elixido deputado por Navarra en 1864.

Foi xurista do Tribunal Supremo de España e nas eleccións a Cortes de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Estella e nas de abril de 1872 e 1876, polo de Lalín como independente, aínda que vencellado ao elduayenismo.

Nas eleccións de 1876 tamén foi elixido deputado polo distrito de Alcoi despois da renuncia de Juan Francisco Camacho de Alcorta, pero morreu dous anos despois. A súa filla, María Alzugaray Lapeye, casou co político Rafael Gasset Chinchilla, pai de Ricardo Gasset Alzugaray.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La politización de la justicia: la designación de los magistrados del Tribunal Supremo (1836-1881 por Braulio Díaz Sampedro (p. 149) Conferencias no Ateneo de Madrid

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados

Categoría:Finados en 1878