Vernier é unha cidade e comuna suíza pertencente ao cantón de Xenebra. É unha das comunas máis poboadas do cantón, despois da cidade de Xenebra.

Limita ao norte coas comunas de Meyrin e Le Grand-Saconnex, ao leste con Xenebra e Lancy, ao sur con Onex e Bernex, e ao oeste con Satigny.

Está situada ao suroeste do Lago Léman, a tan só quince minutos da cidade de Xenebra. Foi ocupada por burgundios e francos na Idade Media. Brevemente, foi ocupada tamén pola Francia napoleónica.

Xeografía

O territorio municipal de Vernier ten unha superficie aproximada de 7,68 km².

Segundo os datos de uso do solo correspondentes ao período 2013-2018, as zonas residenciais e de infraestruturas representaban aproximadamente o 74,9 % da superficie municipal. As terras agrícolas ocupaban arredor do 10,5 %, as superficies arboradas o 9,6 % e as superficies improdutivas preto do 4,8 %.

Demografía

Organización territorial

A comuna está dividida en seis barrios principais:

Vernier-Village; Châtelaine, que comprende Châtelaine-Village, l'Étang, Balexert e Les Libellules; Aïre; Le Lignon; Les Avanchets; Cointrin.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial do concello Vernier no Dicionario histórico de Suíza

Referencias

Categoría:Cidades de Suíza Categoría:Cantón de Xenebra