Xurxo Rodríguez Méndez, nado en Prado de Miño (Castrelo de Miño) o 5 de xuño de 1976, é un político galego do BNG.

Traxectoria Membro da asociación cultural O Penedo da Forca, de onde xurdiu o BNG de Castrelo de Miño, foi candidato do BNG dende 2007. Nas eleccións municipais de 2007 foi elixido alcalde de Castrelo de Miño co apoio do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde ao obter a maioría absoluta. É Responsable Comarcal do BNG do Ribeiro dende decembro de 2006 e membro do Consello Nacional do BNG. Desde o 24 de setembro de 2011 é membro do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias e o 26 de novembro de 2011 tamén foi nomeado membro do Consello Federal da FEGAMP. O 5 de novembro de 2012 dimitiu como membro da Executiva do BNG Primeira baixa na Executiva do BNG. Nas municipais de 2015 volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta á fronte do BNG. Optou por non concorrer á reelección en 2019 e abandonou a alcaldía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Castrelo de Miño

Categoría:Alcaldes de Castrelo de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Nados en 1976