O coellocoello no Dicionario da RAG. (ou coello europeo, para distinguilo doutras especies da familia), cientificamente Oryctolagus cuniculus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos, a única do xénero Oryctolagus.Oryctolagus Lilljeborg, 1873 en MSW.Oryctolagus Lilljeborg, 1873 no ITIS.
Orixinario do suroeste de Europa (España, Portugal e o suroeste de Francia) e do noroeste de África (norte de Marrocos e de Alxeria), onde aínda existe (cada vez menos) en estado salvaxe, existen tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola súa pel, usada para confeccionar vestiario.
Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.
Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais.Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.
O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro dentes incisivos no maxilar superior e dous na mandíbula, que medran continuamente durante toda a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto no maxilar superior como no inferior. Os coellos teñen orellas longas, as patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas están revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da subespecie poden atinxir unha velocidade de 15 a 20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar. Os coellos viven entre 4 e 10 anos.
Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero Oryctolagus foi descrito en 1873 polo zoólogo sueco Wilhelm Lilljeborg, en Sverig. Og Norges Ryggradsdjur, 1: 417.Oryctolagus Lilljeborg, 1873 en MSW.
Especie A especie describiuna Carl von Linné na páxina 58 do volume 1º do seu Systema Naturae.
Etimoloxía Xénero O nome científico do xénero, Oryctolagus está formado polos elementos do latín científico orycto- e -lagus. O primeiro deriva do grego antigo ὀρύκτος orýktos, 'escavaor', termo tirado do verbo ὀρύσσω orýssō, 'escavar', e o segundo do substantivo do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'.Oryctolagus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary. Literalmente: a lebre escavadora'.
Especie O epíteto específico tomouno Linnneo do latín clásico cunīculus, 'coello'.
miniatura|500x500px|Anatomía interna dun coello.
Sinónimos Xénero O xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Cuniculus Meyer, 1790
Especie Os sinónimos cos que se coñeceu tamén a especie foron: Lepus cuniculus Linnaeus (epónimo) Oryctolagus borkumensis Harrison, 1952 Oryctolagus campestris (Meyer, 1790) Oryctolagus nigripes Bartlett, 1857
Subespecies Na actiualidade recoñécense as subespecies seguintes:Oryctolagus cuniculus (Linnaeus, 1758) no ITIS. Oryctolagus cuniculus algirus (Loche, 1858) Oryctolagus cuniculus brachyotus Trouessart, 1917 Oryctolagus cuniculus cnossius Bate, 1906 Oryctolagus cuniculus cuniculus (Linnaeus, 1758) Oryctolagus cuniculus habetensis Cabrera, 1923 Oryctolagus cuniculus huxleyi Haeckel, 1874
Os coellos domésticos Cando os coellos están ben coidados son animais amigables e xoguetóns, son comúns en todo o mundo e téñense tanto en interior como en exterior.
Os mantidos en interior son máis sans e sociables xa que están a salvo dos seus depredadores naturais e de temperaturas extremas. Os mantidos en exterior necesitan un abrigo que sexa caloroso en inverno e un lugar que lles proporcione sombra no verán.
A temperatura ideal para os coellos domésticos oscila entre os 10 e 21 graos centígrados.
O coello na cultura O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseado precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como procreador (como o logotipo da revista Playboy).
Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.
Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.
Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.
Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.
No manga Sailor Moon aparece un personaxe cuxo nome é Usagi (coello en xaponés).
O coello na cultura popular galega
En Cambados, para curar a decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.
Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo. Inda o demo ten cara de coello! Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor. O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá. Ó abade vello, polos e coello. Ó coello fuxido, consello vido. Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Harris, Stephen & Derek Yalden (2008): Mammals of the British Isles, 4th Revised edition. Londres: The Mammal Society. ISBN 0-9062-8265-9. Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Lagomorfos Lepóridos
Ligazóns externas Oryctolagus cuniculus. European rabbit na ADW. Cony. Oryctolagus cuniculus (Linnaeus 1758) na EOL. Rabbit (Oryctolagus cuniculus) en ARKive. O coello en rios-galegos.com . Biología del conejo de monte .
Categoría:Lagomorfos Categoría:Especies invasoras animais Categoría:Animais descritos en 1758