Gràcies per la propina é unha novela de Ferran Torrent escrita en variante valenciana, publicada en 1994 pola editorial Columna. Foi levada ao cinema por Francesc Bellmunt en 1997.
Trama
Ferran Torres narra de forma retrospectiva a súa infancia e mocidade en Benicorlí, unha vila imaxinaria da Horta de València. Logo do suicidio da súa nai, marcha xunto ao seu irmán Pepín á casa do seu avó e dos seus tíos Tomàs e Ramonet, unha familia liberal e pouco convencional, pero feliz e unida.
Narración A trama discorre entre 1960 e 1974, entre os 9 e os 23 anos do protagonista-narrador. Desde a súa primeira comuñón, a escola cos xesuítas, os comezos coa masturbación e o sexo, o traballo como comercial, montador de mobles e camareiro, a práctica do boxeo e o servizo militar.
Descríbese a sociedade valenciana, coas oposicións da época entre o mundo rural e o urbano, así como entre as clases populares e aburguesadas. Descríbense os ambientes tabernarios, o ámbito da prostitución e dos espectáculos de variedades (coa vedete Rosita Amores) e do deporte, cos enfrontamentos entre o Valencia CF e o Levante.
Tamén se fala bastante da política do tempo, no tardofranquismo, con varios personaxes comunistas e anarquistas. Fálase da importancia da relixión católica no réxime, especialmente nos enterros e nas procesións.
Personaxes Ferran Torres. Narrador e protagonista. Pepín Torres. Irmán máis novo de Ferran. O tío Tomàs. O tío Ramonet. Tímido, moi boa persoa, coida de toda a familia. Logo de moitos anos, descobren que é homosexual. O avó Ramon. Xubilado bondadoso e tolerante, moi respectado na vila. Carraca. Amigo íntimo de Tomàs e compañeiro de negocios. Tono. Amigo de Tomàs e forneiro de Benicorlí.
Categoría:Obras literarias de 1994 Categoría:Novelas en catalán