A Supercopa de Europa 2011 foi a 37ª edición da Supercopa de Europa, competición organizada pola UEFA na que se enfrontaron os campións da Liga de Campións da UEFA e da UEFA Europa League. Nesta edición enfrontáronse o FC Barcelona e o FC Porto, nun único encontro que tivo lugar o 26 de agosto de 2011 no Estadio Louis II de Mónaco.

Para o FC Barcelona, campión da Liga de Campións da UEFA 2010-11, esta foi a 8ª final da Supercopa de Europa que disputaba. Nas 7 anteriores acadara 3 vitorias e 4 derrotas.

Para o FC Porto, campión da UEFA Europa League 2010-11, esta foi a 4ª final da Supercopa de Europa que disputaba. Nas 3 anteriores acadara 1 vitoria e 2 derrotas. Final

220px|miniatura|dereita|Onces titulares dos dous equipos. Supercopa de Europa 2011 CompeticiónSupercopa de EuropaEdición2011EstadioLouis II, MónacoCapacidade18.563CampiónFC BarcelonaFinalistaFC PortoResultado2 - 0 (Messi e Cesc)

O encontro comezou ás 20:45 horas do 26 de agosto de 2011 no Stade Louis II de Mónaco, e o colexiado encargado de arbitrar foi o neerlandés Björn Kuipers.

Na primeira metade dominou o encontro o equipo portugués do FC Porto. Non obstante, no minuto 39 Lionel Messi marcou o 1-0 a prol do FC Barcelona despois dun erro do equipo contrario.

Na segunda metade o FC Barcelona fíxose co control do xogo, e Cesc Fàbregas, que comezara o encontro como suplente, marcou o 2-0 no minuto 88.

O defensor portugués Rolando foi expulsado no minuto 86 con dobre tarxeta amarela, e no minuto 90 foi expulsado o colombiano Guarín con tarxeta vermella, rematando deste xeito o FC Porto con 9 xogadores sobre o campo.

Co resultado final de 2-0 a prol do FC Barcelona, o conxunto catalán acadou a súa 4ª Supercopa de Europa. Con este título, o FC Barcelona sumou o seu 15º título europeo, cifra récord.

Véxase tamén Outros artigos UEFA Supercopa de Europa Liga de Campións da UEFA 2010-11 UEFA Europa League 2010-11 FC Barcelona FC Porto

Ligazóns externas Páxina oficial da UEFA Barcelona-Oporto, crónica do encontro en Marca.

Categoría:Fútbol en 2011