miniatura|A roda inventouse ao redor do 4000 a.C., e desde entón foi unha das tecnoloxías máis útiles. Esta roda exponse no Museo Nacional de Irán en Teherán. A historia da tecnoloxía é a historia da invención de ferramentas e técnicas cun propósito práctico. A historia moderna está relacionada intimamente coa historia da ciencia, pois o descubrimento de novos coñecementos permitiu crear novas cousas e, reciprocamente, puidéronse realizar novos descubrimentos científicos grazas ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, que estenderon as posibilidades de experimentación e adquisición do coñecemento.
Os artefactos tecnolóxicos son produtos dunha economía, unha forza do crecemento económico e unha boa parte da vida. As innovacións tecnolóxicas afectan e están afectadas polas tradicións culturais da sociedade. Tamén son un medio de obter poder militar.
Idade de Pedra
miniatura|160px|Unha variedade de ferramentas de pedra.
Durante a Idade de Pedra, os humanos eran cazadores colleiteiros, un estilo de vida que comportaba un uso de ferramentas e asentamentos que afectaba moi escasamente aos biótopos. As primeiras tecnoloxías de importancia estaban asociadas á supervivencia, a obtención de alimentos e a súa preparación. O lume, as ferramentas de pedra, as armas e a vestimenta foron desenvolvementos tecnolóxicos de grande importancia deste período. Neste tempo apareceu a música. Algunhas culturas desenvolveron canoas con batangas capaces de aventurarse no océano, aínda que non haxa ningún rexistro escrito da innovación tecnolóxica dalgúns pobos ou culturas, existen probas dos seus emprendementos na exploración: os pobos malaios, por exemplo, espallaronse polo arquipélago da Malaisia, atravesaran o océano Índico até Madagascar e tamén atravesaran o océano Pacífico, o que requiría coñecer as correntes oceánicas, os patróns do clima, navegación e cartas estelares. As cartas estelares non eran feitas de papel, máis si con cordas, varas e cunchas. Os seus barcos eran de clase oceánica, fai miles de anos, antes de que a tecnoloxía marítima de Occidente fose capaz de facer os descubrimentos marítimos.
A fase principal de predominio da economía cazadora-colleiteira chámase Paleolítico e o final denomínase epipaleolítico ou mesolítico; a Idade de Pedra posterior, durante a cal se desenvolverón os rudimentos da tecnoloxía agraria, chámase período Neolítico. Estas foron as bases da tecnoloxía industrial moderna.
Idades do Cobre e Bronce
A Idade de Pedra desembocou na Idade dos Metais tras a Revolución neolítica. Esta revolución comportou cambios radicais na tecnoloxía agraria, que levaron ao desenvolvemento da agricultura, a domesticación animal e os asentamentos permanentes. A combinación destes factores posibilitou o desenvolvemento da fundición de cobre e máis tarde do bronce. Esta corrente tecnolóxica empezou no Crecente fértil, desde onde se difundiu. Os descubrimentos non tiñan, e aínda non teñen, carácter universal. O sistema das tres idades non describe con precisión a historia da tecnoloxía dos grupos alleos a Eurasia, e non pode aplicarse nalgunhas poboacións illadas como os sentinelese (océano Índico), os spinifex (Australia) e certas tribos amazónicas, que aínda empregan a tecnoloxía da Idade da Pedra, e non desenvolveron a agricultura ou a tecnoloxía do metal.
Idade de Ferro
A Idade de Ferro empezou tras o desenvolvemento da tecnoloxía necesaria para o traballo do ferro, material que substituíu o bronce e posibilitou a creación de ferramentas máis resistentes e baratas. En moitas culturas eurasiáticas a Idade de Ferro foi a última fase anterior ao desenvolvemento da escritura, aínda que de novo non se pode dicir que isto sexa universal.
Civilizacións antigas e as súas invencións
Antigo Exipto
200px|miniatura|Traballo en serie no Antigo Exipto. Os exipcios inventaron e usaron moitas máquinas simples, como o plano inclinado e a panca, para axudarse nas construcións. O papel exipcio, feito de papiro e a olería foron exportados pola conca Mediterráneo.Con todo a roda non aparecería ata que invasores estranxeiros trouxeron con eles carros. Tamén desempeñaron un importante papel no desenvolvemento da navegación marítima ou tecnoloxía marítima, mediterránea, tanto en barcos como faros.
Houbo avances significativos durante o período dinástico en astronomía, matemáticas, medicinaPaís de médicos, os máis sabios do mundo. Heródoto e xeometría, esta última unha consecuencia da necesidade de preservar a propiedade das terras de labranza, que eran alagadas anualmente polo río Nilo, perdéndose as referencias ás lindes. O triángulo rectángulo e outras regras tamén servían para representar estruturas rectilíneas, usadas nos planos de construción. Exipto tamén era un centro de investigación sobre alquimia recoñecido no resto do mundo occidental.
Antiga Grecia miniatura|170px|Imaxe orixinal do mecanismo de Anticitera Os gregos inventaron moitas tecnoloxías e melloraron outras xa existentes, sobre todo durante o período helenístico. Herón de Alexandría inventou un motor a vapor básico e demostrou que tiña coñecementos de sistemas mecánicos e pneumáticos. Arquimedes inventou moitas máquinas. Os gregos foron únicos na era preindustrial pola súa capacidade de combinar as investigacións científicas co desenvolvemento de novas tecnoloxías. Un exemplo é o parafuso de Arquimedes, que primeiro se concibiu matematicamente e máis tarde construiose. Tamén inventaron a balista e computadoras analóxicas primitivas, como o mecanismo de Anticitera.Ancient Greek Science and Technology Os arquitectos gregos foron os responsables das primeiras cúpulas e tamén os primeiros en investigar o número áureo e a súa relación coa xeometría e a arquitectura.
Á parte da eolípila de Herón, os gregos foron os primeiros en inventar os muíños de vento e de auga, o que lles fixo pioneiros en tres dos catro métodos de propulsión non animal anteriores á Revolución industrial (o cuarto é a navegación), aínda que só se usou a enerxía hidráulica.
Europa Tribal Ao redor de 1.000 a.C.-500 a.C., as tribos xermánicas tiñán unha civilización na idade de bronce, mentres os Celtas estaban na idade de ferro na época da cultura de Hallstatt. Posteriormente, as súas culturas entraran en colisión coas prácticas militares e agrícolas dos Romanos, hai dous mil anos, o que levou a Europa a beneficiarse dos progresos sociais e tegnoloxicos romanos.
Roma miniatura|Aixada romana de ferro, de fai 2000 anos. Este artefacto atópase exposto no Museo Field de Chicago. Os romanos desenvolveron unha agricultura sofisticada, melloraron a tecnoloxía do traballo con ferro e de albanelaría, melloraron a construción de estradas (métodos que non quedaron obsoletos ata o desenvolvemento do macádam no século XIX), a enxeñería militar, a enxeñería civil, o fiado e o tecido con moitas máquinas diferentes como a colleitadora, que axudaron a incrementar a produtividade de moitos sectores da economía romana.
Os enxeñeiros romanos foron os primeiros en construír arcos monumentais, anfiteatros, acuedutos, baños públicos, pontes de pedra e criptas. Algunhas invencións romanas notables foron o códice, o vidro soprado e o formigón. Como Roma está situada nunha península volcánica cuxa area contén grans cristalinos, o formigón romano foi especialmente resistente ao tempo. Algunhas das súas edificacións mantivéronse en pé máis de dous mil anos.
A civilización romana estaba altamente urbanizada para os estándares pre-modernos. Moitas cidades do Imperio tiñan máis de 100 000 habitantes, sendo Roma a máis poboada da antigüidade. Os trazos da vida urbana romana comprendían edificios de varios pisos, rúas pavimentadas, retretes de cisterna públicos, fiestras de vidro e calefacción en chans e paredes. Os romanos entenderon a hidráulica e construíron fontes e obras hidráulicas, especialmente acuedutos. Algunhas termas conserváronse ata a actualidade. Os romanos desenvolveron moitas tecnoloxías que se perderon na Idade Media e non se reinventaron ata o século XIX e o XX.
India A Civilización do val do Indo, situada nunha área rica en recursos é relevante pola súa temperá aplicación das tecnoloxías sanitaria e de planificación civil. As cidades do val teñen uns dos primeiros exemplos de baños públicos, cloacas pechadas e celeiros comunais.
A India antiga foi tamén punteira na tecnoloxía marítima; así, un panel atopado en Mohenjo-daro, mostra unha nave navegando. A construción de barcos descríbese con detalle no Yukti Kalpa Taru, un texto Indio antigo sobre a construción de embarcacións.
A arquitectura e técnicas de construción indias, chamadas 'Vaastu Shastra', suxiren unha comprensión profunda da enxeñería de materiais, a hidroloxía e os servizos sanitarios. A cultura india foi tamén pioneira no uso de tinguiduras vexetais, como o índigo e os procedentes do cinabrio. Moitas destas tinguiduras empregáronse en pinturas e esculturas. O uso de perfumes demostra coñecementos químicos, especialmente dos procesos de destilación e purificación.
China miniatura|Esfera armilar chinesa. De acordo co investigador Joseph Needham, os chineses realizaron moitos inventos e descubrimentos primeirizos. Algunhas innovacións tecnolóxicas chinesas de importancia foron os primeiros sismógrafos, mistos, o papel, o ferro fundido, o arado de ferro, a sembradora multitubo, o ponte colgante, a carretilla, o emprego do gas natural como combustible, o compás, o mapa de relevo, a hélice, a bésta e a pólvora. Outros descubrimentos e invencións chineses, pero da Idade Media, son o barco de pas, a impresión xilográfica, os tipos móbiles, a pintura fosforescente, a transmisión de cadea, o mecanismo de escape e a roda de fiar.
Incas Os Incas tiñan grandes coñecementos de enxeñería, ata para os estándares actuais. Un exemplo disto é o emprego de pedras de máis dunha tonelada nas súas construcións (por exemplo en Machu Picchu, Perú), postas unha xunto á outra axustando case perfectamente. Os pobos tiñan canles de irrigación e sistemas de drenaxe, o que facía moi eficiente á agricultura. Aínda que algúns afirman que os incas foron os primeiros en inventar a hidroponia, a tecnoloxía agraria, aínda que avanzada, estaba aínda baseada no chan. Esta tecnoloxía, que comprendía o uso de socalcos graduados, permitía obter gran rendemento do chan de terras situadas en fortes pendentes.
Maias Aínda que a Civilización Maia non tiña tecnoloxía metalúrxica nin inventara a roda, desenvolveron complexos sistemas de escritura e astroloxía e crearon traballos esculturales de pedra. Como os incas, tiñan boas tecnoloxías de construción e agrarias, aínda que xa tiñan varios coñecemento de orde astronómica que sabemos hoxe en día
Idades Media e Moderna
Medievo miniatura|Trabuco medieval
A tecnoloxía da Idade Media pódese describir como unha simbiose entre traditio et innovatio. Aínda que a tecnoloxía medieval considerouse durante moito tempo un paso atrás na evolución da tecnoloxía occidental, nalgúns casos nun intento dalgúns autores de denunciar á igrexa como antagonista do progreso científico (véxase o mito da terra plana), unha xeración de medievalistas dos que Lynn White pode ser a súa cabeza máis visible puxeron énfase desde a década de 1940 no carácter innovador de moitas técnicas medievais. Algunhas contribucións medievais son por exemplo os reloxos mecánicos, as lentes e os muíños de vento. A xente da idade media inventaron tamén algúns obxectos máis discretos, como o botón ou a marca de auga. En navegación, os cimentos daera dos descubrimentos aséntanse na introdución (aínda que non invención) do astrolabio, o compás, a vea latina e o temón de codaste.