miniatura|300x300px|Distribución xeográfica dos afectados pola síndrome nos anos 81-82:Non se marcan as provincias con menos de dez casos. Fonte: Informe do Plan Nacional da Síndrome Tóxica (El País, 18 de xaneiro de 1983).

A síndrome do aceite tóxico, tamén chamada síndrome tóxica ou intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, foi unha intoxicación alimentaria masiva que se produciu en España en maio de 1981 por consumo de aceite de colza de uso industrial, adulterado fraudulentamente para desvialo ó consumo humano. A día de hoxe aínda non se sabe a causa exacta da intoxicación, a substancia tóxica responsable da enfermidade, aínda que os datos epidemiolóxicos poñen en evidencia que foi vehiculada co aceite.

Afectou máis de 20.000 persoas, das que moitos aínda sofren secuelas, e causou a morte de entre 1.000 e 5.000 enfermos, segundo as fontes.

Identifícase, de acordo co Código Internacional de Clasificación das Enfermidades (CIE-9-MC) co código 710.5.

Presentou un cadro clínico polimorfo, con síntomas pulmonares e nerviosos, e afectando tamén o corazón, fígado e pel. Caracterízase por unha vasculite non necrotizante en arterias e veas Vasculite é a inflamación dos vasos sanguíneos. Tamén a evolución dos enfermos foi moi variable, causando a morte nunha alta porcentaxe dos casos, complicacións secundarias noutros ou secuelas, fundamentalmente neurolóxicas. Outros enfermos evolucionaron espontaneamente cara á curación.

Cronoloxía da intoxicación O 1 de maio de 1981 morreu a primeira vítima da enfermidade, Jaime Vaquero García Nalgúns textos, Carlos Vaquero., un rapaz de 8 anos natural de Torrejón de Ardoz (Madrid), ó que se lle diagnosticou unha insuficiencia pulmonar aguda. Nos días seguintes, cinco familiares do meniño morto e tres máis doutra familia veciña teñen que ser hospitalizados no Hospital del Rey e na Cidade Sanitaria La Paz, todos eles cunha sintomatoloxía similar, polo que o 4 de maio se informa á Dirección Xeral de Saúde Pública da existencia dunha posible epidemia e créase un equipo técnico que comeza a investiga-los casos.

A noticia do falecemento e os oito enfermos máis en Torrejón faise pública o día 7. Tódolos enfermos mostran un cadro pulmonar, común nos primeiros enfermos, que xustificou a denominación inicial da enfermidade como pneumonía atípica, diagnóstico compatible co cadro clínico observado. O día 9 constitúese unha Comisión Clínica e infórmase ós directores dos hospitais de Madrid dunha posible epidemia producida pola Legionella, con 23 casos coñecidos ata o momento. Día tras día, o número de enfermos aumenta cun goteo constante de novos casos: o día 10 xa hai 33 enfermos, todos en distintos barrios madrileños e concellos limítrofes, observándose unha clara incidencia familiar e na poboación de clase social media-baixa residente nas zonas periféricas das cidades; o 12 contabilízanse xa 150 enfermos e seis falecidos e constátanse os primeiros casos fóra de Madrid (en Ávila e Segovia); o 13 son 220 enfermos, xa en 5 provincias distintas, e 7 falecidos. O 6 de xuño xa se rexistraban máis de 2.000 hospitalizados en Madrid (con 300-350 ingresos diarios) e 600 noutras provincias, todas elas do centro e noroeste da península, nun mapa de distribución que se debuxaba ó longo da estrada nacional N-VI Madrid - A Coruña (esta distribución, como se soubo despois, coincidía coa venda ambulante de aceite). Cen días despois do primeiro caso, a cifra de enfermos ascendía a máis de 11.000, dos que morreran 89 persoas El País, 11.08.1981..

Os médicos e as autoridades sanitarias, ante esta enfermidade descoñecida, sospeitan dunha enfermidade infecciosa, contaxiosa, e atribúen esa pneumonía á enfermidade do lexionario "Un meniño de Torrejón de Ardoz morreu presuntamente a causa da chamada enfermidade do lexionario" en El País, 7.05.1981., orixe descartada axiña El País, 12.05.1981., ou a unha micoplasmose, instaurándose esta última como a causa oficial da enfermidade.

Pronto, os datos epidemiolóxicos comezaron a indicar que a etioloxía infecciosa e contaxiosa non se sostiña e apuntaban a que debía de estar nos alimentos: non afectaba meniños lactantes, mostraba unha forte relación familiar pero non se apreciaba contaxio fóra do contorno familiar, é dicir, en colexios, cuarteis etc.Aínda que logo se comprobou que si houbo casos en, polo menos, tres conventos de monxas e observábanse frecuentes reingresos de pacientes dados de alta nos hospitais. Xa o 12 de maio xorden as primeiras opinións en contra da explicación oficial, baseada na pneumonía, aínda que insinuaban unha intoxicación por insecticidas O doutor Peralta Serrano escribe nun artigo na prensa que "Unha posibilidade que pode explicar estes casos sería a dunha intoxicación por insecticida «spray», que ó inhalarse afectarán primeiro ó pulmón e logo ó fígado e o sangue. Estes cadros clínicos tan localizados en familias enteiras terían unha mellor explicación que a dunha simple infección viral (neumonía atípica). Nas intoxicacións polo fósforo orgánico, se se recibe por vía de inhalación, poderíase explicar o cadro clínico tan limitado a unhas cantas familias. A realidade é que os casos que falleceron dan máis impresión dunha intoxicación que dunha infección viral" (Diario Ya, 12 de maio de 1981 ) Posteriormente o doutor Peralta recordaría así os feitos: "Nos quince casos de meniños afectados que asistín neses días puiden comprobar que o cadro clínico que presentaban era superpoñible ó que provocan algúns insecticidas en cuxa composición intervén o fósforo" (declaracións recollidas por Cambio 16, 682, 24.12.1984.. Na mesma data, o entón Xefe Provincial de Sanidade en Madrid insistía en que se trataba dunha enfermidade infecciosa.

O doutor Juan María Tabuenca, director do Hospital del Niño Jesús, estudou a incidencia da epidemia na poboación infantil afectada, desviada a ese hospital a partir do 12 de maio, e comeza a observar síntomas e lesións que non se corresponden con ningunha pneumonía infecciosa coñecida, polo que denomina a enfermidade como "síndrome tóxico-alérxica".

Aínda con todas estas sospeitas, a explicación oficial seguía atribuíndo a enfermidade a unha epidemia de pneumonía, á vez que xurdían outras teses, coherentes ou ridículas, sobre as posibles causas. Ante estas teorías pintorescas que aparecían nos medios de comunicación social, creando unha verdadeira situación de alarma na poboación, o entón ministro de Sanidade Naquelas alturas, ministro de Traballo, Sanidade e Seguridade Social. Desde 2009, Ministerio de Sanidade e Política Social., Jesús Sancho Rof aseguraba o 21 de maio, nunha roda de prensa televisada que non había ningún outro axente responsable e que se detectara nas autopsias o micoplasma, á vez que reducía a importancia da enfermidade para tranquiliza-la poboación:

Mentres tanto, o doutor Tabuenca seguía investigando a vía dunha intoxicación alimentaria. O 21 de maio confirma que non se pode deber á presenza de metais pesados nos alimentos. O 27 de maio xa excluía tamén micoplasmas, virus ou parasitos e, entre as intoxicacións, as causadas por insecticidas. O 1 de xuño declara publicamente que a enfermidade non está producida polo micoplasma nin ningunha outra causa biolóxica senón que se trata dunha intoxicación alimentaria. Nas enquisas epidemiolóxicas que realiza entre os afectados introduce agora preguntas sobre os seus hábitos alimentarios nos últimos días e chega á conclusión de que o factor común é un suposto aceite de oliva mercado a vendedores ambulantes, consumido polo 97% dos afectados fronte a un 6,4% de persoas sas que tamén o consumiron (tomados das consultas cirúrxicas normais do hospital). Esta relación víase confirmada polo feito de que o único meniño lactante enfermo tomaba unha culleriña de aceite que lle daba a nai para tranquilizalo cando choraba. Con estes datos, o día 4 de xuño enviou mostras do aceite ó Laboratorio Central de Aduanas, que confirmou que se trataba dun aceite de mesturas a base de aceite de colza desnaturalizado, cun contido dunhas 50 ppm de anilina e unhas 1.500 ppm de anilidas de ácidos graxos, comunicándolle estes resultados ó doutor Tabuenca o día 9.

Estes datos foron comunicados ó Ministerio de Sanidade persoalmente e por escrito os días 9 e 10 de xuño. O 10 de xuño, 40 días despois do primeiro caso, TVE difunde un comunicado da Dirección Xeral de Saúde Pública no que se advirte que a orixe podería estar nun aceite adulterado vendido de forma ambulante, sen control sanitario, polo que se recomenda á poboación non mercalo e absterse de consumilo. Isto non impide que o día 11 o doutor Luis Valenciano, Director Xeral de Sanidade, declare que "estamos ante un brote pouco contaxioso e nada perigoso" El País, 22.11.1981.. O día 12 detéctase a presenza de aminas aromáticas nas análises das mostras do aceite consumido polos enfermos, que se supón procedente da migración dos tanques de almacenamento do aceite ou dos envases nos que se comercializa. Finalmente, o día 17 a Secretaría de Estado para a Sanidade recoñece, de forma oficial, que a enfermidade é unha intoxicación por consumo de aceite de colza desnaturalizado. Descártase así definitivamente a orixe infecciosa e o diagnóstico inicial de pneumonía atípica.

A comunicación nos medios de comunicación social da posible responsabilidade do aceite de colza vendido en réxime ambulante e a prohibición e vixilancia desta actividade explicaría, tamén, a redución drástica no número de novos casos en canto estes feitos se fixeron públicos a partir do 10 de xuño. De feito, a práctica totalidade dos casos diagnosticáronse entre maio e xuño, reducíndose despois de maneira significativa. A partir de xuño a maioría dos hospitalizados foron reingresos (enfermos que entraban na fase crónica da enfermidade) aínda que seguiu habendo casos novos en xullo e nos meses posteriores, mesmo un ano despois dos primeiros enfermos Posada de la Paz, M, Abaitua Borda I, Kilbourne EM, Tabuenca Oliver JM, Diaz de Rojas F, Castro García M.: "Late cases of toxic-oil syndrome: evidence that the aetiological agent in oil stored for up to one year", in Food Chem Toxicol. agosto 1989; 27(8): 517-521 ..

Neste descenso de novos casos puido intervir tamén a dilución do aceite de colza renaturalizado para reduci-los seus posibles efectos nocivos, dilución que se comprobou que levaron a cabo as propias industrias distribuidoras do aceite, desde días antes de publicarse o comunicado oficial.

O caso foi, tamén, que unha vez recoñecida publicamente a toxicidade do aceite, houbo quen seguiu comendo dese aceite, quizais por desconfianza ante as explicacións contraditorias que se vertían na prensa.

O 23 de xuño o Ministerio de Sanidade presentou as primeiras denuncias ante a Audiencia Territorial de Madrid e a Fiscalía Xeral do Estado pola venda fraudulenta de aceite, que o día 30 realizan as primeiras detencións entre importadores e almacenistas de aceite.

As autoridades sanitarias comezaron axiña a retirar dos puntos de venda todo o aceite sen etiqueta e moitos particulares acudiron a devolve-lo aceite que aínda lles quedaba. O 30 de xuño comeza a primeira operación cambio, na que se cambiaba gratis o aceite supostamente tóxico por aceite de oliva de primeira calidade, campaña que se repetiu máis adiante. O 6 de xullo compróbase que dúas marcas de aceite tamén contiñan substancias tóxicas, polo que a alerta e a retirada do mercado comeza a incluír aceite etiquetado.

En setembro, o Ministerio de Sanidade publicou unha lista oficial de 15 marcas de aceite sospeitosas á que se foron engadindo posteriormente novas marcas ata un total de 33 en marzo de 1982 Aguado-El Prado, Beamonte, Benisol, Eureka, Haya, Jap, Jesús González, Jirafa, Los Marteños, Monri, El Olivo, Pochi, Prosol, Rael, Raelsol, Raoli, Ramoli, Selmi, El Vareador (El País, 10.09.1981, El País, 30.09.1981, Ya 5.11.1981, El País, 13.03.1982)..