miniatura|Istmo de San Cibrao en Cervo. Un istmo é un brazo de terra entre linguas de auga que une dúas porcións de terra maiores, como por exemplo unha península a un continente.
O istmo máis famoso é sen dúbida o istmo de Panamá, que conecta a América do Norte á América do Sur. Pódense tamén citar: o primeiro istmo a ser chamado así foi o Istmo de Corinto, en Grecia o istmo de Dubrovnik - hoxe Stradun, (rua principal), que conecta Laus e Dubraba nunha única cidade. o istmo de entre África e Asia, en Exipto, onde foi construída a Canle de Suez. o istmo de Kra, que liga a península malaia con Asia. o istmo de Avalon, no Canadá, separa a illa principal de Terra Nova da península de Avalon, onde se sitúa a capital Saint John's. o istmo de Tehuantepec en México
Os istmos son lugares estratéxicos para a construción de canles: A Canle de Panamá, que conecta o océano Atlántico e o océano Pacífico, reduce drasticamente o traxecto marítimo entre a costa leste e a costa oeste de América do Norte A Canle de Suez, mencionado anteriormente, é un outro exemplo, pois permite ligar Europa e Asia sen contornar África.
Os istmos son o inverso dos estreitos. Así, mentres que os istmos ligan dúas extensións de terra entre dúas extensións de auga, os estreitos unen dúas extensións de auga entre dúas extensións de terra.