Para o pobo de igual nome véxase Partos.
O parto humano, tamén chamado peristallo ou nacemento, é a culminación do embarazo humano, o período de saída do meniño do útero materno.
É considerado por moitos como o inicio da vida da persoa, e a idade dun individuo defínese por este suceso en moitas culturas.
Considérase que unha muller inicia o parto coa aparición de contraccións uterinas regulares, que aumentan en intensidade e frecuencia, acompañadas de cambios fisiolóxicos no colo uterino.Centro Nacional de Información sobre a Saúde da Muller (xullo de 2007). Parto .
O proceso do parto humano natural categorízase en tres fases: o borramento e dilatación do colo uterino, o descenso e nacemento do neno e o alumeamento ou expulsión da placenta.
Nalgúns embarazos cualificados como de risco elevado para a nai ou o feto, o nacemento ocorre por unha cesárea, que é a extracción do neno a través dunha incisión cirúrxica no abdome, en vez do parto vaxinal.
Na maioría dos casos o parto é un proceso natural que a muller desenvolve con ou sen apoio doutras mulleres experimentadas, entre as que se encontran as chamadas, comadroas ou parteiras, ou por profesionais da área da saúde como as matronas. A participación de médicos especialistas en obstetricia adoita facerse cando aparece algunha complicación do embarazo ou do parto (xa sexa cesárea ou o uso de fórceps).
Tipos de parto miniatura|250px|Meniña acabado de nacer, nada a termo xusto antes de cortar o cordón umbilical durante un parto simple.
miniatura|dereita|250px|Acabado de necer mostrado á súa nai despois dun parto por cesárea.
Existen diversas modalidades pola que nace o bebé á final do termo do embarazo o, nalgúns casos, antes das 40 semanas ou 9 meses de xestación:
Parto vaxinal espontáneo No parto natural, o bebé nace atravesando a vaxina da nai, seguindo as indicacións do profesional da saúde, coa asistencia de pouca tecnoloxía ou ningunha e sen a axuda de fármacos.The Nemours Foundation kidsHealth.org (xuño de 2006). Parto Natural . Na maioría dos centros asistenciais o parto vaxinal ocorre nunha posición xinecolóxica, coa xestante en posición decúbito dorsal, é dicir, deitada sobre as súas costas e cos pés sostidos á altura dos glúteos co obxecto de favorecer a comodidade do persoal médico. Coñécese co nome de posición de litotomía,Instituto Químico Biológico. Posiciones - letra P. Diccionario Ilustrado de Términos Médicos . que se usou durante moitos anos como rutina no nacemento. Porén, é unha posición controvertida, pois o parto pode ocorrer naturalmente en posición vertical —por exemplo, ás agachadas— na cal a gravidade axuda á saída natural do neno. Na litotomía existe máis probabilidade de descensos lentos, expulsións prolongadas, sufrimento fetal e esgazaduras perineais maternas.
Idealmente, o contorno da nai no momento do parto debería ser de tranquilidade, sen présas, con intimidade e confianza: luz suave, poucas persoas e pertencentes á súa contorna íntima, unha posición cómoda elixida por ela, talvez música ou flores, ou aromas, se a ela lle gustan.
Tamén existe o parto en auga morna, no propio fogar, en hospitais ou en centros privados.
Parto vaxinal con fórceps
Ocasionalmente o parto vaxinal ten que ser asistido con instrumentos especiais, como o fórceps ou pinza obstétrica, que prensa a cabeza do neno, coa finalidade de suxeitalo e tirar del fóra da canle do parto. Indícase con pouca frecuencia en certos partos difíciles.
Parto abdominal
Cerca do 20 % dos partos en países desenvolvidos realízanse cirúrxicamente mediante unha operación abdominal denominada cesárea.The Journal of the American Medical Association Parto. JAMA, May 4, 2005—Vol 293, Nº 17 (2180) .
Non todas as cesáreas son por indicación médica en casos de partos de alto risco, unha porcentaxe deles son electivos, cando a nai elixe por preferencia que o seu bebé non naza vaxinal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aborto. Morte fetal. Depresión posparto.
Ligazóns externas
Animación Médica de 3D sobre o Parto Vaxinal (Coroamento) YouTube.com (sen texto).