A Copa Suramericana é a segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Suramérica. Organizada pola Conmebol, comezou a disputarse en 2002.

O equipo que gaña a Copa Suramericana acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana fronte ó campión da Copa Libertadores. Diferenzas entre Copa Libertadores e Copa Suramericana As diferenzas entre a Copa Libertadores e a Copa Suramericana son as seguintes: A Copa Libertadores dispútase no primeiro semestre do ano, e a Copa Suramericana no segundo semestre do ano. A Copa Libertadores ten unha fase de grupos como a Liga de Campións da UEFA, que da paso a uns oitavos de final, mentres que a Copa Suramericana ten o mesmo formato que a Copa do Rei española, polo tanto non hai grupos, e dende o comezo ata a final todo son eliminatorias directas. Na Copa Libertadores compiten os mellores equipos de cada liga, mentres que na Copa Suramericana compiten os seguintes mellores equipos de cada liga. Por exemplo, cada ano van á Copa Libertadores o 1º, 2º e 3º da liga peruana, mentres que o 4º, 5º e 6º va á Copa Suramericana. En outras ligas como a de Venezuela ou Colombia, clasifícase para a Copa Suramericana o campión do torneo nacional de copa. Na Copa Libertadores cada país membro da Conmebol clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina e o Brasil que clasifican a 5. Na Copa Suramericana cada país clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina que clasifica a 6 equipos, e o Brasil que clasifica a 8.

Palmarés Finais da Copa SuramericanaTempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2013 Lanús 1-1 e 2-0 Ponte Preta 2012 São Paulo 0-0 e 2-0 Tigre 2011 Club Universidad de Chile 1-0 e 3-0 LDU Quito 2010 CA Independiente 0-2 e 3-1 (5-3) Goiás EC 2009 LDU Quito 5-1 e 0-3 Fluminense FC 2008 SC Internacional 1-0 e 1-1 Estudiantes LP 2007 Arsenal de Sarandí 3-2 e 1-2 C América 2006 CF Pachuca 1-1 e 2-1 Colo-Colo 2005 CA Boca Juniors 1-1 e 1-1 (4-3) UNAM Pumas 2004 CA Boca Juniors 0-1 e 2-0 C Bolívar 2003 CS Cienciano 3-3 e 1-0 CA River Plate 2002 San Lorenzo de Almagro 4-0 e 0-0 CDC At.Nacional

Véxase tamén Outros artigos Copa Libertadores ReCopa Suramericana Conmebol Suramérica

Ligazóns externas Páxina oficial da Conmebol

Categoría:Competicións de clubs da CONMEBOL