O Trafalgar Park é un estadio da cidade de Nelson (Nova Zelandia), inaugurado en 2008 e que ten unha capacidade para acoller a uns 20.080 seareiros.

O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby da man do Tasman, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do crícket. Os Crusaders do torneo Super Rugby víronse obrigados a xogar como locais neste estadio un total de 4 encontros na tempada 2011 por mor do terremoto de 6'3º na escala Richter que sufriu a cidade de Christchurch en febreiro de 2011, que causou 145 mortes e moitos danos no estadio do Crusaders.

Copa do Mundo de Rugby 2011

Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 3 dos encontros da primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011: 20 de setembro de 201119:3020px Italia53-1720px RusiaTrafalgar ParkÁrbitro: Wayne Barnes (ENG) 27 de setembro de 201119:3020px Italia27-1020px Estados UnidosTrafalgar ParkÁrbitro: George Clancy (IRE) 1 de outubro de 201115:3020px Australia68-2220px RusiaTrafalgar ParkÁrbitro: Bryce Lawrence (NZL)

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby 2011 Tasman Rugby Union Crusaders Ligazóns externas Trafalgar Park en www.worldstadiums.com

Categoría:Estadios de rugby de Nova Zelandia