A bandeira de Mongolia actual foi adoptada o 12 de febreiro de 1992. É semellante á bandeira de 1949, a excepción da eliminación da estrela socialista.
Deseño Está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño. A banda do centro é de cor azul celeste e as dúas bandas laterais de cor vermella. Centrado na banda vermella do lado do mastro e en amarelo atópase o símbolo nacional, o Soyombo, un conxunto de representacións abstractas cunha disposición en columna que inclúe a representación do lume, o sol, a lúa, a terra, a auga e o símbolo do yin e yang. A proporción da bandeira en relación ao seu alto e lonxitude é de 1:2.
Bandeiras históricas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Mongolia Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1911 Categoría:Bandeiras introducidas en 1992 Categoría:Bandeiras introducidas en 2011