miniatura|Plataforma Gagarin no cosmódromo de Baikonur antes do lanzamento do Soiuz TMA-13, 10 de outubro de 2008 O cosmódromo de Baikonur (en , Baıqońyr ǵarysh aılaǵy; en , Kosmodrom Baykonur) é unha base espacial situada no sur de Kazakhstán arrendada por Rusia.
Características e historia O cosmódromo é o primeiro espazoporto do mundo para lanzamentos de satélites e humanos e o maior espazoporto en superficie. A base está localizada na estepa desértica de Baikonur, arredor de 200 km ao leste do mar de Aral e ao norte do río Sir Daria. Está próximo á estación de tren de Tyuratam e a uns 90 m sobre o nivel do mar. O cosmódromo e a cidade de Baikonur celebraron o 63.º aniversario da súa fundación o 2 de xuño de 2018.
A base está alugada polo goberno de Kazakhstán a Rusia ata 2020, e está dirixida conxuntamente pola Corporación Estatal Roscosmos e as Forzas Aeroespaciais Rusas.
A área arrendada ten forma dunha elipse de 90 km de leste-oeste e 85 km de nore a sur, co cosmódromo situado no centro. Foi construído orixinariamente pola Unión Soviética a finais da década de 1950 como base de operacións do programa espacial soviético. Baixo o actual programa espacial ruso, Baikonur continúa a ser un espazoporto ocupado con numerosas misións comerciais, militares e científicas cada ano. Todos os voos espaciais rusos tripulados se lanzan dende Baikonur.
Tanto o Sputnik 1, primeiro satélite artificial, como o Vostok 1, primeiro voo tripulado, foron lanzados dende Baikonur. A plataforma de lanzamento que se empregou en ambas as misións rebautizouse como plataforma Gagarin en honra ao cosmonauta soviético Iuri Gagarin, piloto do Vostok 1 e primeiro humano no espazo.
Nome Existe diversidade de opinións sobre a orixe do nome Baikonur. Algunhas fontes indican que o nome foi escollido deliberadamente en 1961 (na época do voo de Gagarin) para dirixir erroneamente o bloque occidental a un lugar situado a uns 320 km ao nordés do centro de lanzamento, a pequena localidade mineira de Baikonur, preto de Jezkazgan.
Outras fontes afirman que Baikonur era o nome da rexión de Tyuratam antes de que existise o cosmódromo. Leninsk, a cidade pechada construída para apoiar o cosmódromo foi renomeada Baikonur o 20 de decembro de 1995 por Boris Eltsin.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía J. K. Golovanov, M., "Korolev: Facts and myths", Nauka, 1994, "Rockets and people" – B. E. Chertok, M: "mechanical engineering", 1999. "A breakthrough in space" – Konstantin Vasilyevich Gerchik, M: LLC "Veles", 1994, – "At risk," – A. A. Toul, Kaluga, "the Golden path", 2001 "Testing of rocket and space technology – the business of my life" Events and facts – A.I. Ostashev, Korolev, 2001.Bibliography 1996–2004 "Baikonur. Korolev. Yangel." – M. I. Kuznetsk, Voronezh: IPF "Voronezh", 1997, "Look back and look ahead. Notes of a military engineer" – Rjazhsky A. A., 2004, SC. first, the publishing house of the "Heroes of the Fatherland" . "Rocket and space feat Baikonur" – Vladimir Порошков, the "Patriot" publishers 2007. "Unknown Baikonur" – editado por B. I. Posysaeva, M.: "globe", 2001. "Bank of the Universe" – editado por Boltenko A. C., Kyiv, 2014., publishing house "Phoenix",
Ligazóns externas Baikonur Cosmodrome historical note (in Russian) and historical pictures (2002) on buran.ru – NPO Molniya, maker of Russian space shuttle Buran. RussianSpaceWeb.com on Baikonur 360° interactive panoramas of Baikonur Cosmodrome Baikonur: the town, the cosmodrome, the MetOp-A launch campaign "World’s Oldest Space Launch Facility: The Baikonur Cosmodrome." Sometimes Interesting. 26 de maio de 2014 Nedelin Disaster // RussianSpaceWeb.com The official website of the city administration Baikonur // Baikonur commemorated a test rocket and space technology. The Russian Union Of Veterans // Day of memory and grief.
Categoría:Cosmódromos Categoría:Kazakhstán