A palabra identidade pode referirse a:
Anatomía e fisioloxía: Identidade de órgano, no desenvolvemento embrionario. Cine e televisión: My Secret Identity ("A miña identidade secreta"), serie de televisión canadense. Identity ("Identidade"), filme estadounidense dirixido por James Mangold. Nietos: identidad y memoria ("Netos: identidade e memoria") filme documental arxentino dirixido por Benjamín Ávila en 2004. Oculta identidade, serie audiovisual galega realizada para Internet. The Bourne Identity (Identidade descoñecida), filme estadounidense dirixido por Doug Liman en 2002. Conduta, cultura e sociedade: Identidade celta ou celtismo, movemento social e cultural que trata de poñer en valor a identidade celta como un trazo salientábel dentro dun determinado grupo social. Identidade cultural, conxunto de valores, tradicións, símbolos, crenzas e modos de comportamento dun determinado grupo humano, en que fundamentan os individuos de dito grupo para afirmar a súa pertenza a el. Identidade nacional Identidade de xénero, identificación dunha persoa cun xénero (masculino ou feminino), que vai máis alá da asociación fisiolóxica, pois inclúe tamén a psicolóxica. Identidade sexual, conxunto das dimensións biolóxicas e da conciencia dun individuo que lle permiten recoñecer a pertenza a un sexo ou outro, é dicir, ser home ou muller. Identidade social, teoría para comprender os fundamentos psicolóxicos da discriminación entre grupos. Economía: Identidade corporativa, manifestación física dunha marca. Filosofía: Identidade, relación que toda entidade mantén só consigo mesma. Identidade dos indiscerníbeis ou lei de Leibniz, principio filosófico. Principio de identidade, un principio lóxico e filosófico. Teoría de identidade ou teoría da identidade da mente. Identificación documental e informática: DNI, documento nacional de identidade, en España e outros países de fala hispana. DNI electrónico (Documento de identidade electrónico). Documento de identidade. Identidade 2.0 ou identidade dixital. Número de identidade de estranxeiro (NIE), en España. Roubo de identidade. Phishing (suplantación de identidade). Literatura: L'identité ("A identidade"), novela de Milan Kundera, 1996. Señas de identidad ("Sinais de identidade"), novela de Juan Goytisolo. Les identités meurtrières ("Identidades asasinas"), ensaio de Amin Maalouf, 2009. Matemáticas: Identidade. Identidade abeliana. Identidade de Euler. Identidade de Bézout. Identidade de Mac Williams. Identidade notábel. Función identidade. Matriz identidade. Política: Identidade cristiá, movemento supremacista branco e fundamentalista cristián dos Estados Unidos de América. Identidade Galega (IDEGA), partido político de Galicia (España). Identidade Reino de Valencia (IRV), partido político da Comindade Valencia (España). Identidade, Tradición, Soberanía (ITS), grupo parlamentario no parlamento da Unión Europea. Psicoloxía e psiquiatría: Crise de identidade. Desorde de identidade da integridade corporal BIID (acrónimo de ''Body Integrity Identity Disorder), enfermidade psiquiátrica. Disforia de xénero (trastorno da identidade de xénero). Trastorno de identidade disociativo.
Categoría:Identidade