Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim,Debus, A. G. (1993): Paracelsus, Five Hundred Years. Paracelsus and the medical revolution of the Renaissance. Bethseda, Maryland: Hahnemann University Library, National Library of Medicine e Escola de Medicina da Universidade de Washington, páx. 4. Paracelsus.PDF ou Theophrastus Bombast von Hohenheim,Schüller Pérez, Amador (2004): Real Academia Nacional de Medicina de España. PDF Anales de la Real Academia Nacional de Medicina, tomo CXXI, caderno IV, páx., 676.Asimov, Isaac: Introducción a la ciencia. Volume 1. Barcelona: Orbis. ISBN 978-84-7634-117-9, páxs. 117-119. nado en Zürich (Einsiedeln) o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo o 24 de setembro de 1541,Jung, C. G.: Obra completa. Volume 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso. 3, § 1. Madrid: Editorial Trotta. foi un alquimista, médico e astrólogo suízo, coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso.

Críase que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas. Amais, deulle ao zinc o seu nome, chamándoo zincum.Habashi, Fathi: "Discovering the 8th Metal" in International Zinc Association (IZA) PDF . Escolleu para si mesmo o nome Paracelso (Paracelsus en latín), que significa "superior a Celso", en referencia a Aulo Cornelio Celso, médico romano do século I.

Traxectoria miniatura|200px|Memorial de Paracelso no parque que leva o seu nome, en Einsiedeln (Suíza) miniatura|200px|Monumento a Paracelso en Beratzhausen, Baviera miniatura|200px|Gravado dunha salamántiga segundo Paracelso

Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zürich), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguiunos en Viena e doutorouse na universidade de Ferrara.

Paracelso estaba en contra da idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.

As súas investigacións foron sobre todo no campo da mineraloxía. Realizou varias viaxes en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios e medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.

Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.

Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades, como a sífilis e o bocio. Para combatelas serviuse do xofre e do mercurio.

Disque Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.

A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouna na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital. Fiel á concepción do ser humano como microcosmos, puxo o firmamento no corpo deste e designouno como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático en que o curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "ascendente" ou horóscopo.

Atribúeselle a paternidade do termo espaxiria.

Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico". Para el a medicina tiña catro piares:

A astronomía As ciencias naturais A química O amor

Introduciu o uso do láudano.

O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).

Malia gañar bastantes inimigos e ter fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguise un camiño máis científico e se afastase das teorías da escolástica.

Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).

Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e asociounos aos catro sabores fundamentais.

Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe na linguaxe coloquial nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo) e ácido (melancólico).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Alquimia Farmacia Química

Ligazóns externas Paracelso na Biblioteca Upasika . "Censura y Paracelsismo durante el Reinado de Felipe II" por Rodríguez Guerrero, José en Azogue, nº 4, 2001. . EEskenazi. Reflexións sobre as súas obras . "Paracelso: médico, filósofo, teólogo, profeta e reformador social". Conferencia de Delmar Domingos de Carvalho o día 1 de novembro de 1993, no 500º aniversario do seu nacemento. Fraternidade Rosacruz .

Categoría:Descubridores de elementos químicos Categoría:Nados en 1493 Categoría:Finados en 1541