é un filme de animación xaponés dirixido por Daisuke Nishio que se estreou en 1992. Noveno filme baseada no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama, e sexto da etapa Dragon Ball Z.
Sinopse O novo kamisama, Dende, decátase de que o seu planeta natal, Namek, está en perigo e pídelle axuda a Son Goku e ós seus amigos para que salven o seu planeta. Ó chegar, Goku e os seus amigos (Piccoro, Son Gohanda, Krilín, Oolong, Mestre Mutenroi e Yajirobe) ven unha especie de estrela que está atacando ó planeta. Os namekianos estaban sendo apresados por uns robots e deciden axudalos pero os robots son demasiado fortes e son capturados para que a súa enerxía sexa absorbida pola grande estrela. Detrás de todo isto esta Cooler, o irmán máis vello de Freezer, ó que pensaban derrotado Goku. Esta vez é de metal e o seu cerebro forma parte do grande ordenador Guedester, co que pode clonarse en miles de Metal Coolers.
Personaxes
Son Goku Son Gohanda Piccoro Vexeta Cooler Krilín Oolong Mestre Mutenroi Dende Señor Popo Yajirobe Moori
Música Tema de apertura "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama
Tema de peche por Hironobu Kageyama e Yuka
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de Dragon Ball Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego