Patrick O'Flanagan, nado en Dublín en 1947, é un xeógrafo e académico irlandés.

Traxectoria Patrick O'Flanagan é catedrático emérito do Departamento de XeografíaDepartment of Geography da University College CorkUCC, Irlanda, onde tamén foi xefe de departamento ata o seu retiro en 2009. Actualmente colabora regularmente co Centro de Investigación Socio-Territorial (GIS-T/IDEGA), da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa investigación céntrase principalmente na Europa atlántica, cun particular interese en Galicia e na Iberia atlánticaFerrás Sexto, C. (2001): "Reflexión acerca del significado de la obra del profesor O'Flanagan para la Geografía de Galicia", en Xeográfica no. 1, pp. 199–203, Compostela., desde a perspectiva da xeografía cultural e histórica. O'Flanagan axudou, de feito, a definir e estandarizar o concepto de Europa atlántica. Outras investigacións súas tratan coa evolución comparada de cidades-porto en Europa, cambio rural, sistemas de asentamentos e habitabilidade.

Obra parcial

The Living Landscape, Kilgalligan, Erris, County Mayo, (con S. O Cathain), Dublin, 1974. Rural Ireland,1600-1900: Modernization and Change, (con P. Ferguson e K. Whelan), Cork, 1987. Bandon,Irish Historic Towns Atlas, No.3, Dublin, 1988. Cork,History and Society,(con N. Buttimer), Cork, 1993. Xeografía Histórica de Galicia, Xerais, Vigo, 1996. "Galicia en el marco geográfico y histórico de la Europa Atlántica", en Xeográfica I, pp. 115–133, Santiago de Compostela, 2001. Port cities of Atlantic Iberia, c. 1500-1900, Aldershot, 2008.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Europa atlántica

Ligazóns externas "Perfil do Prof. Patrick O'Flanagan na UCC"

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Xeógrafos de Irlanda Categoría:Nados en Dublín