O Canterbury Bulldogs (agora chamado Canterbury-Bankstown Bulldogs, e no pasado Bulldogs) é un equipo profesional de rugby league da cidade de Sydney, en Nova Gales do Sur (Australia), fundado en 1935, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión 8 veces. Palmarés Malia acadar o seu primeiro título 4 anos despois da súa fundación, a maior parte dos éxitos dos Bulldogs pertencen á década dos 80. Títulos nacionais National Rugby League (8) = 1938, 1942, 1980, 1984, 1985, 1988, 1995, 2004
Xogadores 250px|miniatura|dereita|Hazem el Masri. Equipo actual Harry Harris
Lenda: (1c) 1º Capitán Hazem El Masri foi un xogador que formou nas ringleiras dos Bulldogs dende 1996 ata 2009, e que na súa carreira anotou 2418 puntos, récord histórico da NRL.
En 2004, cando os Bulldogs acadaron o seu último título de campións, ademais de Hazem El Masri e o actual capitán Andrew Ryan, outras grandes estrelas xogaban nos Bulldogs, como Sonny Bill Williams, Willie Mason ou Johnathan Thurston.
En 1995 xogaba nos Bulldogs Terry Lamb, que xa fora campión da NRL co equipo en 1984, 1985 e 1988, con compañeiros como Michael Potter ou os irmáns Mortimer (Steve, Peter e Chris). 300px|miniatura|dereita|ANZ Stadium, fogar dos Bulldogs.
Estadio Os Bulldogs xogan os seus encontros como locais no ANZ Stadium, un recinto que foi inaugurado en 1996 e que acolleu as probas de atletismo nas Olimpiadas de Sydney do 2000. O estadio ten capacidade para acoller a 83.500 persoas, aínda que nos encontros da NRL esta capacidade redúcese a 40.000.
Outros equipos xogan como locais neste estadio, como o South Sydney Rabbitohs da NRL e os Sydney Swans da AFL, xa que o recinto é da propiedade da empresa Stadium Australia Group, que o aluga.
Véxase tamén Outros artigos National Rugby League Rugby league Sydney Ligazóns externas Páxina oficial dos Bulldogs Páxina oficial da National Rugby League
Categoría:Rugby League Categoría:Deporte en Sydney