Nada en la nevera é unha película española dirixida por Álvaro Fernández Armero, do ano 1998, definida por Armero como "unha comedia neurótica de homes de trinta anos na segunda idade do pavo".
Argumento Conta a historia de Carlota (María Esteve) e Jose Mari / Nº1 (Coque Malla), unha parella que se ama, pero que ao parecer é incapaz de estar xunta, contada desde o ángulo de cada un dos protagonistas empeza Carlota explicando a súa historia e logo Nº1 entrelaza o seu relato dos feitos co de Carlota.
A película trata da procura da felicidade, da soidade, da obsesión por encontrar parella.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de 1998