é unha serie manga creada por Makoto Raiku, máis tarde levada ó anime (co nome de ), que trata sobre as aventuras dunha criatura doutro mundo con aparencia de neno chamado Zatch Bell. O manga foi publicado pola revista semanal Shogakukan’s Shōnen Sunday, entre xaneiro de 2001 e decembro do 2007 cun total de 33 volumes. Existen outras novelas gráficas de Zatch Bell! que teñen historietas curtas baixo o título de Zatch & Suzy (Gash & Suzume na versión orixinal).
No 2003, a historia de Raiku gañou o premio Shōgakukan na categoría Shōnen.
Notas
Categoría:Debuxos animados Categoría:Manga