Apucarana é unha cidade do estado brasileiro de Paraná. A súa poboación estimada o 2010 era de 120.884 habitantes.

Historia A rexión de Apucarana foi colonizada a partir de 1930 pola Companhia Inglesa de Terras Norte do Paraná, a exemplo de Londrina e Maringá. En 1944 Apucarana foi elevada á categoría de municipio.

A súa época de maior éxito económico foi nas décadas de 1940 a 1970, grazas ás actividades relacionadas coa madeira, o café e o comercio de cereais.

O declive das industrias madeireira e cafeteira levou ao desemprego a gran parte da poboación rural asociadas a elas a partir de 1975. A recuperación económica comezou unha década máis tarde, co establecemento de industrias téxtiles, así como de servizos comerciais. Apucarana é coñecida como a capital brasileira das puchas.

Turismo Os principais lugares turísticos de Apucarana son a Catedral de Nosa Señora de Lourdes, na praza Rui Barbosa, e o Parque Ecolóxico da Raposa. Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades do Paraná