O problema da demarcación, tamén denominado, máis raramente, criterio de demarcación e problema de fronteira,Shermer, Michael (2001): The borderlands of science: where sense meets nonsense. Oxford University Press US, páxs. 10-30, 54, 216, 244-245 ISBN 0-19-514326-4 refírese, dentro da filosofía da ciencia, á cuestión de definir os límites que deben configurar o concepto "ciencia", á dificultade existente para distinguir entre teorías científicas e teorías non-científicas, á dificultade para definir as liñas en torno do que sexa "ciencia".
As fronteiras adoitan establecerse entre o que é coñecemento científico e non científico, entre ciencia e pseudociencia, e entre ciencia e relixión. Unha forma de expoñer este problema, coñecida como problema xeneralizado da demarcación, abarca estes tres casos. O problema xeneralizado en último termo o que intenta é encontrar criterios para poder decidir, entre dúas teorías dadas, cal delas é máis "científica".
Despois de máis dun século de diálogo entre filósofos da ciencia e científicos en diversos campos, e a pesar dun amplo consenso acerca das bases xerais do método científico,Gauch, Hugh G., Jr. (2003): Scientific Method in Practice, páxs. 3-7. os límites que demarcan o que é ciencia, e o que non o é, continúan sendo debatidos.Cover, J. A. & Curd, Martin (Eds.) (1998): Philosophy of Science: The Central Issues, páxs. 1-82. dereita|250px|miniatura|Diagrama frenolóxico do século XIX. A frenoloxía é unha pseudociencia que no pasado foi considerada unha verdadeira ciencia.
Importancia do problema Dispoñer dunha solución ao problema do criterio de demarcación non só ten importancia no eido teórico, desde unha dimensión estritamente filosófica, senón que é tamén importante en campos prácticos e cotiáns.
Distinguir o que é ciencia do que non o é, ten relevancia desde o punto de vista económico (á hora de financiar proxectos de investigación), xurídico e de policía científica (á hora de avaliar probas), sanitario (á hora de prescribir tratamentos médicos), e educativo (á hora de establecer programas de estudo), entre outros.
A demarcación entre ciencia e pseudociencia ten moito que ver coa crítica, a censura e a intolerancia na investigación científica. A teoría heliocéntrica de Copérnico foi condenada ao Índice de libros prohibidos pola Igrexa Católica, que tiña o poder político e "científico", en 1616. O Partido Comunista da Unión Soviética declarou, en 1949, pseudocientífica á xenética mendeliana "por burguesa e reaccionaria", e mandou aos seus defensores a morrer en campos de concentración.
En palabras de Lakatos, o problema da distinción entre o científico e o pseudocientífico "non é un pseudoproblema para filósofos de salón, senón que ten serias implicacións éticas e políticas".Lakatos, Imre: (1989): La metodología de los programas de investigación científica. Madrid: Alianza Editorial.
Antecedentes históricos O primeiro exemplo na historia acerca da cuestión da categorización e demarcación do coñecemento humano encóntrase na Grecia antiga, onde se trata o problema das diferenzas entre o verdadeeiro coñecemento (en grego ἐπιστήμη, epistéme) e a opinión (δόξα, dóxa). Para Platón, por exemplo, a epistéme só pode ter desenvolvemento no mundo das ideas (coñecemento intelectual puro) pero non no mundo sensíbel, que segundo el é enganoso.
Moito máis tarde, Kant tratou de delimitar o campo das ciencias naturais do metafísico, e co seu traballo sentou un precedente metodolóxico para establecer os criterios de demarcación do que é e non é ciencia natural.La lógica de la lógica de la ciencia . Revista colombiana de filosofía de la ciencia. Vol.1, Núm. 2 e 3. 2000. páxs. 67-73. (Véxase Crítica da razón pura).
David Hume (1711-1776) establece os principios teóricos anti-metafísicos que tiñan grande influencia no positivismo lóxico. Será no Círculo de Viena con Rudolf Carnap (1891-1970), Alfred Jules Ayer (1910-1989), e con Karl Popper (1902-1994), cando se aborde o "criterio de demarcación" da ciencia con respecto á metafísica.
Charles Sanders Peirce (1839-1914) aborda os problemas modernos da ciencia, a verdade e o coñecemento, e é con el cando se forxa o concepto de falibilismo, que será un precursor da idea de falsabilidade.
Separación entre ciencia e relixión miniatura|300px|Galileo Galilei perante a Santa Inquisición. Pintura de Cristiano Banti (1857).
A relación entre a ciencia e a relixión modificouse notabelmente no curso da historia. Na Idade Media, por exemplo, a verdade científica determinábase sobre a base dos coñecementos teolóxicos e, particularmente, da lectura das Sagradas Escrituras, ou sobre base dos textos de Aristóteles, que eran aceptados acriticamente segundo o principio de autoridade.
Esta situación empezou a cambiar no século XVI. En 1543, en efecto, publicouse unha obra fundamental desde o punto de vista da ciencia moderna: De Revolutionibus Orbium Coelestium de Nicolao Copérnico, no que se postulaba o heliocentrismo. En 1616 o Santo Oficio condenou tal teoría e puxo no Índice a obra de Copérnico. Un dos personaxes máis famosos que pagaron as consecuencias foi Galileo Galilei que, despois dunha serie de problemas coa Igrexa, foi finalmente obrigado á abxuración das súas ideas en materia de astronomía, que consistían nunha defensa do sistema copernicano (e da demostración da súa veracidade).
A teoría do heliocentrismo contradicía, segundo a Igrexa daquel tempo, a verdade expresada na Biblia. En particular facíase referencia ao feito de que unha pasaxe da Biblia rezaba "e o Sol detívose e a Lúa paróu, até que a xente se vingara dos seus inimigos" (Xosué 10, 13).Josué 10 .
Esta teoría, arrincando á Terra do centro do universo e situándoa nunha órbita ao redor do Sol inmóbil negaba, segundo os teólogos da Igrexa daquel tempo esta pasaxe, que presupoñía o contrario, que era o Sol quen se movía e a Terra a que estaba inmóbil. Galileo Galilei, para defenderse da acusación de herexía, afirmou que a Biblia, que tiña como fin a definición dunha moral, tería que adaptarse á linguaxe e á capacidade de comprensión dun pobo rústico como era o hebreo. A Biblia, para facer comprensíbel a verdade moral a un pobo ignorante, adecuábase ás súas crenzas, e usaba imaxes que puideran comprender.A idea da Terra que xira ao redor do Sol cadraba coas observacións que aquel pobo de pastores comprobaban diariamente, ao ver ao Sol saír, moverse no ceo e poñerse á noitiña. A eventual afirmación "detívose a Terra", máis axustada desde o punto de vista da teoría heliocéntrica, sería totalmente incomprensíbel para o pobo.
Tal afirmación de Galileo sentou as bases do distanciamento entre a verdade científica e a relixiosa, sobre todo durante o Iluminismo.
Situacións análogas a estes precedentes continuaron presentándose sucesivamente. E, contra á final do século XIX, a ciencia e a relixión comezaron a verse polo público como posicións enfrontadas, fenómeno gradual que alcanzou o clímax ao redor dos debates acerca da teoría da evolución de Charles Darwin. Xa antes da publicación por Darwin de A orixe das especies, en 1859, houbo precursores e precondicionantes, pero foi a raíz deste traballo cando o debate fíxose popular grazas á súa difusión na prensa británica, converténdose no mascarón de proa das tensións entre ciencia e relixión. Hai que engadir que este conflito se mantén, no esencial, nos nosos días.
A teoría se contrapoñía á da Igrexa do creacionismo. Tal contraposición está aínda presente, agás algunhas tentativas de conciliación.O papa Bieito XVI é favorábel a unha conciliación entre estas dúas doutrinas. En efecto, o 24 de xullo de 2007 declarou: "esta contraposición é absurda porque, por unha parte, son tantas as probas científicas a favor dunha evolución que aparece como unha realidade que debemos ver e que arrequece a nosa consciencia da vida e dos seres como tales; pero a doutrina da evolución non responde a todas as cuestións e non responde sobre todo á gran pregunta filosófica: de onde vén todo? e, como o todo toma un camiño que chega finalmente ao home?" (Véxase o texto da noticia en Il secolo XIX , en Il Giornale , en Alice Notizie , e en Yahoo notizie e zenit.org ; a transcrición integral do encontro con Auronzo di Cadore, no cal o papa fixo estas declaración pode verse en www.korazym.org ).
O problema da demarcación é unha cuestión relativamente recente. O problema data máis ou menos do momento no que a ciencia e a relixión alcanzaron unha independencia substancial unha da outra. Pode datarse en 1874, cando o influente historiador da ciencia John William Draper publicou a súa Historia do conflito entre relixión e ciencia. Nel retrata a historia do desenvolvemento científico como unha confrontación contra a relixión. Esta visión fomentárona seguidores tan prestixiosos como Andrew Dickson White no seu ensaio Unha historia das guerras entre a Ciencia coa Teoloxía na cristiandade.A History of the Warfare of Science with Theology in Christendom. Véxase en liña. .
Grazas ao traballo destes dous científicos, saíron á luz numerosos conflitos entre o coñecemento científico, aberto a novas descubertas, e o dogmatismo relixioso, defensor do principio de autoridade.
A relación entre ciencia e fe, en verdade, é moito máis complexa do que describiu Draper: no pasado, de feito, houbo numerosos científicos (algúns moi importantes e de fama innegábel) que eran moi crentes, así como foron numerosos os homes de fe que se mostraron defensores do desenvolvemento do coñecemento científico. No curso do século XIX, as relacións entre estas dúas diferentes concepcións eran conflitivas, sobre todo despois dos descubrimentos de Darwin en materia de evolución.
Os traballos de Draper e White deben ser vistos como provenientes directamente deste clima social, e o seu modelo de ciencia e relixión como eternos opostos, que se converteu socialmente nun dos debates dominantes.
O problema da demarcación no século XX Positivismo lóxico O positivismo é unha corrente filosófica caracterizada por adoptar, en xeral, unha actitude cientificista e antimetafísica, confiando plenamente na humanidade e no seu progreso indefinido. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha ontoloxía materialista. miniatura|150px|esquerda|Auguste Comte. miniatura|150px|esquerda|Ludwig Wittgenstein.
Historicamente a filosofía positivista xorde no século XIX, sendo os seus máximos expoñentes Augusto Comte (1798-1857) e Ernst Mach (1838-1916). O primeiro usou a palabra "posititivismo", tomada do filósofo francés Saint-Simon (1760-1825), para designar o seu pensamento. Así mesmo, denominou estadio positivo á etapa do progreso humano na que a ciencia se converte na principal forza social, superando períodos anteriores de carácter metafísico e relixioso nos que dominaban as supersticións e as crenzas infundadas.
Curiosamente, nos últimos escritos da súa vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixión da Humanidade, na que se rendería culto aos grandes homes de ciencia, así como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso se atopan amigos persoais seus. Esta relixión positiva gozou dalgunha implantación social en cidades como Londres, París e Río de Xaneiro. De todas as formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro das marxes dun cientificismo extremo.