Morné Steyn, nado en Cidade do Cabo o 1 de xullo de 1984, é un xogador surafricano de rugby. Xoga na posición de apertura nos Bulls do torneo Super Rugby, nos Blue Bulls da Currie Cup e na Selección de rugby de Suráfrica. Récords Morné Steyn ten o récord de puntos anotados nun encontro no que un xogador anota tódolos puntos, con 31. Tamén ten o récord de puntos anotados nun encontro fronte á Selección de rugby de Nova Zelandia, con 31. Outro dos seus récords é o de maior cantidade de penaltis anotados nun encontro, con 8. Tamén ten o récord de puntos anotados nun encontro fronte á Selección de rugby de Australia; o de xogador que acada antes o 100, os 200, os 300, os 400 e os 500 puntos cos Springboks; maior cantidade de drops anotados nunha tempada do Super Rugby, con 11; maior cantidade de drops anotados nun encontro do Super Rugby, con 4; e maior cantidade de puntos anotados nunha tempada do Super Rugby, con 263. Palmarés EquiposTempadasTítulosBlue Bulls 2003 - 2 Currie Cup (2006, 2009)Bulls 2005 - 3 Super Rugby (2007, 2009, 2010)Springboks 2009 - 1 Tri Nations (2009) Véxase tamén Outros artigos Bulls Blue Bulls Springboks Copa do Mundo de Rugby 2011 Ligazóns externas Perfil do xogador na web SA Rugby

Categoría:Xogadores de rugby de Suráfrica Categoría:Nados en Cidade do Cabo Categoría:Nados en 1984