Cristino Álvarez Herrera, nado na Coruña o 26 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 19 de xaneiro de 2018,Muere el periodista y crítico gastronómico Cristino Álvarez 'Caius Apicius' foi un xornalista galego especializado en gastronomía, coñecido polo pseudónimo de Caius Apicius, co que asinou os seus artigos, reportaxes e críticas nesta materia.Cistino Álvarez, alias Caius Apicius
Traxectoria Foi fillo de Cristino Álvarez Hernández, unha relevante figura do franquismo na cidade da Coruña, que nos anos en que naceu Cristino Álvarez era concelleiro e posteriormente primeiro tenente de alcalde da cidade. Diplomado en xornalismo, foi xefe de información parlamentaria, editor e xefe de deportes e xefe de edición na Axencia EFE.
Admirador de Álvaro Cunqueiro, Josep Pla, Julio Camba, Martínez Llopis ou Néstor Luján, en xaneiro de 1981 comezou a publicar os seus traballos gastronómicos na Axencia EFE. Foi colaborador habitual de revistas como Sobremesa e xornais como La Voz de Galicia.
Distincións Premio Alimentos de España en medios de comunicación. Premio Nacional de Gastronomía en 1992 ao mellor labor xornalístico.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Hay que disfrutar de la comida con el alma, si no, no vale". Entrevista con Cristino Álvarez . lomejordelagastrronomia.com Inclúe uns 40 artigos de Cristino Álvarez .
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Xornalistas gastronómicos Categoría:Nados en 1947