Homo é o xénero de homínidos que inclúe os humanos modernos. Estímase que ten unha antigüidade de entre 2,4 e 1,6 millóns de anos. Todas as especies, agás Homo sapiens, están extinguidas. A última das especies relacionadas en desaparecer foi Homo neanderthalensis hai 30.000 anos, aínda que descubrimentos recentes suxiren que o Homo floresiensis desapareceu hai 12.000 anos.

O termo úsase para designar os humanos desde que Carl von Linné llo asignara en 1758

En relación aos Australopithecus, xa as primeiras especies do xénero Homo foron moito máis omnívoras, con dentes máis pequenos e a cara menos prominente e asociados a eles nos rexistros fósiles atópanse restos de ósos e pedras traballados. Os machos Homo son entre un 15 e un 20% máis corpulentos que as femias, a diferenza dos Australopithecus nos que o dimorfismo sexual era moito máis acusado, o que podería indicar que os machos non tiñan que competir polas femias, senón que dentro do grupo había unha complexa rede de relacións sociais e de cooperación propios dunha sociedade de cazadores-recolectores.

Especies Especies Cronoloxía (cron) Distribución Altura de adulto (m) Masa de adulto (kg) Volume cranial (cm³) Rexistro fósil Descubrimento / publicación do nome Homínido de Denisova 0.04 Rusia 1 sitio 2010 Homo antecessor 1.2–0.8 España, Inglaterra, Francia 1.75 90 1000 Tres sitios 1994/1997 Homo cepranensis 0.5-0.35 Italia     1000 1 copa cranial 1994/2003 Homo erectus 1.8–0.3 África, Eurasia (Cáucaso, China, India, Vietnam, Xava) 1.8 60 850–1100 Varios 1891/1892 Homo ergaster 1.9–1.4 Leste e Sur de África 1.9   700–850 Varios 1975 Homo floresiensis 0.10–0.012 Indonesia 1.0 25 400 7 individuos 2003/2004 Homo gautengensis >2–0;0.6 Suráfrica 1.0 1 individuo 2010/2010 Homo habilis 2.3–1.4 África Oriental 1.0–1.5 33–55 510-660 Varios 1960/1964 Homo heidelbergensis 0.6–0.35 Europa, África, China 1.8 90 1100–1400 Varios 1908 Homo neanderthalensis 0.33–0.03 Europa, Asia Occidental 1.6 55–70 (complexión forte) 1200–1700 Varios 1829/1864 Homo rhodesiensis 0.3-0.12 Zambia 1,300 Moi poucos 1921 Homo rudolfensis 1.9 Kenya   700 2 sitios 1 cranio 1972/1986 Homes da cova dos cervos 0.0145–0.0115 China Moi poucos 2012 Homo sapiens idaltu | 0.16-0.15 | Etiopía

| 1,450 | 3 cranios | 1997/2003 |- | Homo sapiens'' 0.2–presente Mundial 1.4–1.9 55–100 1000–1980 Aínda vive —/1758

Véxase tamén Outros artigos AL 661-1

Categoría:Antropoloxía Categoría:Taxons descritos por Linné