Dorothy Mills é un filme dirixido por Agnès Merlet que se estreou no 2008. Está protagonizado por Carice van Houten e Jenn Murray. O filme trata dunha psiquiatra á cal lle asignan un caso dunha nena con problemas de personalidade múltiple.
Sinopse Jane Morton é unha psiquiatra á que lle asignan o caso de Dorothy Mills, unha rapaza de 15 anos de idade dunha recóndita illa irlandesa, que é acusada de tratar de asasinar un bebé ó que coidaba. Ó chegar ó lugar, Jane descubrirá unha pequena, relixiosa e fría comunidade desacougada por unha serie de misteriosos eventos e un terrible segredo que agocha a xente.
Galardóns e nomeamentos O filme recibiu numerosos nomeamentos nos Irish Film and Television Awards de 2009. A actriz Jenn Murray foi nomeada á Mellor Actriz protagonista. Ger Ryan foi nomeada á Mellor Actriz Secundaria. O filme tamén recibiu nomeamentos ó peiteado, maquillaxe e mellor deseño de produción.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes ambientados en Irlanda