O Alto Minho é unha subrexión portuguesa que forma parte da Rexión Norte, e corresponde integramente ao Distrito de Viana do Castelo. Limita ao norte con Galiza, ao sur co Cávado e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 2255 km² e contaba en 2011 cunha poboación de 244 836 habitantes.

Ata o 1 de xaneiro de 2015 chamouse Minho-Lima. Nesa data entrou en vigor unha nova Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS 2013), coa que mudou ao nome actual.

Concellos Comprende 10 concellos:

Arcos de Valdevez Caminha Melgaço Monção Paredes de Coura Ponte da Barca Ponte de Lima Valença Viana do Castelo Vila Nova de Cerveira

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre a rexión

Categoría:NUTS III portuguesas