Fernando Pedrosa Roldán, nado en Melilla o 26 de novembro de 1923 e finado en Pontevedra o 16 de xullo de 2004,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-7-2004, p. 67. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de militar. Rematou o bacharelato en Lugo e desde esta cidade fixo a carreira de Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela (1943-1947). En 1953 ingresou no Corpo Nacional de Interventores da Administración Local. Asesor Inspector de Corporacións Locais. Foi alcalde de Lugo (1966-1973), Secretario xeral da Dirección Xeral de Administración Local e gobernador civil de Pontevedra (1974-1976) durante o franquismo.
Foi interventor da Deputación de Pontevedra (1977-1986) e conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (1986-1987). En 1989 foi nomeado director-xerente do Centro Provincial de Asesoramento Municipal da Deputación de Pontevedra. Recoñecementos
Recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 1969. Vida persoal
Casou con María Teresa Fernández Martínez e foi pai de Álvaro, Juan Luis, Teresa e José Ignacio Pedrosa Fernández. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
)
Outros artigos
Alcaldes de Lugo
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Melilla Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2004