Afonso V o Nobre, Galleciensis Regis, Rex Gallitianus (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León, nado no 994 ou 995 e finado en Viseu en 1028Flórez (1793), p. 193: da como data da morte 1027, foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.
Biografía miniatura|esquerda|Afonso V e a súa muller Elvira no Corpus Pelagianum.|228x228px Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo Gundisalviz. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).
Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Mendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.
Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.
Faleceu no asedio da praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Xemena (nacida de Dona Urraca).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de monarcas de León
Devanceiros de Afonso V
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Nados en 994 Categoría:Finados en 1028