Francisco Rozados Rivas, coñecido como Rochi, nado en Forcarei o 17 de febreiro de 1963, é un escritor e político galego.

Traxectoria Cursou os seus estudos primarios na escola Nosa Señora das Dores de Forcarei e no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos. O bacharelato realizouno entre o Seminario Menor de Santiago e o Colexio San Narciso de Marín. Con posterioridade estudou o grao de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Historia Contemporánea (1981-1986). Foi axente de desenvolvemento rural e xerente dos programas europeos PRODER e LEADER + MONTES (1996-2010), que abrangueron as comarcas da Terra de Montes e de Tabeirós. No plano da actividade cultural fundou e coordinou a revista municipal Cotaredo (1998-2011) e o anuario cultural Metacios (2012-2014). Afiliado ao Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de cultura de Forcarei de 1999 a 2011. En 2013 abandonou a formación conservadora e fundou un partido de ámbito local chamado Foro Forcarei. Tamén colaborou en prensa nas edicións comarcais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo coas seccións A miña fusadela e Ecos metacios respectivamente. No ano 2015 abandonou a política activa e dende 2019 traballa como ATC na empresa estatal Correos, actividade que alterna coa escritura e coas actividades audiovisuais.

Obras Narrativa Memoria de Trasdomonte. Edicións Fervenza, 2003. O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada. Premio Xoán de Cangas de novela curta. Concello de Cangas, 2006. Raiolas no faiado. Editorial Sotelo Blanco, 2008. O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas (premio Ánxel Fole X edición). Edicións Fervenza, 2011. Niscoventa (premio Avilés de Taramancos de relato de aventuras -XX edición-). Editorial Toxosoutos. 2022.

Ensaio Forcarei, no berce do Umia e do Lérez, Concello de Forcarei, 1991. Terra de Montes. Guía Cultural e Turística, Editorial Everest, 2000. O Cinema na Escola. Sempre Xonxa. Unidade didáctica do Cefocop -asesoramento ó Centro de Formación Continuada do Profesorado-. 2000. Chano Piñeiro (biografía). Edicións Fervenza, 2003. Forcarei. Historia fotográfica do século XX. Deputación de Pontevedra, 2005. O Mosteiro de Aciveiro -Reedición en galego do libro de Antonio Rodríguez Fraiz (Prólogo e Fotografías)-. Deputación Provincial de Pontevedra. 2006. Terra de Montes. Estudo antropolóxico. Reler Edicións, 2008. Verde soño de auga, ceo e pedra (guía de Forcarei). Concello de Forcarei, 2010. Lumière de nós. Chano Piñeiro ou a teima dun soño (1954-1995). Edicións Fervenza, 2020.

Audiovisual Alén da néboa. CD homenaxe ó gaiteiro de Sorribas, Adelino Pichel, co grupo Chorovia na Moucarria. 2007. Mamasunción volve ó correo. Documental XXV aniversario da curtametraxe "Mamasunción" de Chano Piñeiro. 2009.Mamasunción volve ó correo AVG. O soportal do audiovisual galego. CCG. Guión e codirección con Xoque Carbajal. Os froitos da Pedra, asesoramento lingüítico do docudrama de Federico de la Peña para a Federación de Veciños Castelao de Pontevedra. 2003. Amelia de Terra de Montes, asesoramento lingüístico do docudrama de Federico de la Peña para a Deputación de Pontevedra. 2005. Muíños Tradicionais en Pontevedra, asesoramento lingüístico do documental de Federico de la Peña para a Deputación de Pontevedra. 2010. O Arxina e o Felo. Obra de teatro para a compañía de monicreques Viravolta. Xuño de 2011. Pontesampaio. Sinfonía de Pedra e Auga. Guión do documental de Federico de la Peña para o Concello de Pontevedra. 2013. Canteiros. Os Demiúrgos da Pedra. Guión do documental de Xoque Carbajal. 2020.

Colectivas Revista Cotaredo. Revista cultural do Concello de Forcarei (14 números). Fundada en 1998. Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo. Biografía en banda deseñada publicada por entregas en Faro de Vigo, con debuxos de Pedro Ruiz Bofill. 2001. Chano Piñeiro. Biografía en banda deseñada publicada por entregas en Faro de Vigo, con debuxos de Pedro Ruiz Bofill. 2001. Anuario Metacios. Anuario cultural da Terra de Montes (2 números). Fundado en 2012. Chano Piñeiro, tecedor de soños. Colaboración revista Descubrindo. Anuario de estudos da Terra de Deza. 2005. Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza. O Patrimonio de Montes. Fitos Culturais. En “A procura da nosa identidade. Terra de Montes”. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 2007. Os Amigos de Chano Piñeiro. Colaboración para o libro coordinado por Miguel Anxo Fernández (Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia). 2007. O vreeiro por Terra de Montes e Tabeirós. Comercio e peregrinaxe. Revista Miscelánea nº XIII (Fundación Cultural da Estrada – Museo do pobo estradense “Manuel Reimóndez Portela”). 2010. Neboarea, poema para a obra Dairas, publicada polo I.E.S. García Barros da Estrada para axudar os campamentos de refuxiados de Tinduf. 2011 Chano Piñeiro ou a teima dun soño. Revista Miscelánea nº XXIII (Fundación Cultural da Estrada - Museo do pobo estradense "Manuel Reimóndez Portela). 2021. I Premio Nós de Relatos (recompilación dos 3 relatos gañadores da 1ª edición. Concello de Ourense. Editorial Dr. Alveiros) 2021. A Garza en Chamas (Recompilación Relatos Gañadores do Premio Manuel Murguía 2019-2021) Editorial Alvarellos. 2022.

Premios Camilo José Cela de Narrativa (Concello de Padrón, 2001) –XII edición– pola narración “Unha campa na congostra de Rebordechao.López, Uxía (23/10/2001). "El premio Cela de narrativa recae por quinto año en un autor de origen gallego" La Voz de Galicia . Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no Concello da Estrada (2001). Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2º premio) de Narrativa (Concello de Lugo, 2006) –VIII edición– pola narración “A Muller que non comía”."Los premios del certamen Ánxel Fole se van fuera de la provincia" 9/3/2006 La Voz de Galicia . Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello da Paradela, 2006) –XI edición– pola narración “Raiolas no faiado”. Concello de Marín de Narrativa (2006) –IX edición– pola narración “O Empeine, ou o misterioso caso da tumba profanada”. Xoán de Cangas de Novela Curta (2006) –I edición– por “O transparente, cronosférico e omníglota segredo de don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada”. Certame de Narración Curta Ánxel Fole (Concello de Lugo, 2008) –X edición– pola narración “O Bestiario Máxico do Abade Eliseo”. Accésit Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello da Paradela, 2011) -XVI edición- polo relato "Autobiografía dun defunto". 2011. Insignia de Ouro da "Asociación de Amigos da Terra de Montes" pola súa traxectoria cultural, na xuntanza celebrada en Forcarei o 5 de agosto de 2012. Concello de Marín de Narrativa (2016) -XIV edición- pola narración "Un orballo de silencios". Certame Manuel Murguía de narracións breves (3º Premio na XVIII Edición - 2019) pola narración "Crónica de Ningures". Accésit Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello da Paradela, 2001) -XXV edición- pola narración "O fado dos Romariz". 2020. Premio Nós de Relato (2020) (Concello de Ourense ) -I edición- polo relato "A miña vila"."Francisco Rozados gana el premio Nós con un relato inspirado en Forcarei" (11/11/2020). La Voz de Galicia . Premio Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos" 2021 (Concello de Noia) -XX edición- polo relato "Niscoventa"."Francisco Rozados gaña o certame literario Antón Avilés de Taramancos" (27/12/2021) La Voz de Galicia. Certame Manuel Murguía de narracións breves (3º Premio na XXXI Edición - 2022) pola narración "Somos Adán e nada somos"."A XXXI Edición do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía xa coñece aos seus finalistas" Concello de Arteixo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Xosé González Martínez e Antía González Álvarez (2007). Dicionario de Funcionarios Escritores en Galego. Ir Indo.

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Galegos

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Forcarei Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Nados en 1963