Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, tras estudar en Tui o ensino elemental fixo o bacharelato por libre examinándose en Pontevedra e a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, acadando a licenciatura en 1932. Posteriormente especializouse en pulmón e corazón no Hospital de San Carlos de Madrid.
Estableceuse como médico en Tui e dende 1933 a 1936 ocupou a praza de tisiólogo no Centro Secundario de Hixiene Rural da Guarda. Tamén foi profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto de Tui. En 1942 estableceuse a Vigo onde foi médico en Pescanova e outras entidades.
Foi membro do Partido Galeguista e o promotor da creación da agrupación local tudense. Foi detido os primeiros días despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En 1947 foi detido en Vigo xunto a varios profesionais por pertencer a U.I.L. (Unión de Intelectuais Libres), e en 1974, foi fundador da Xunta Democrática de Vigo e de Galicia. Neste anos fundou tamén o Movemento Socialista de Galicia que máis tarde se fusionaría co Partido Socialista Galego, abandonando o partido en 1977.
Faleceu na súa clínica da rúa Marqués de Valadares cando agardaba polo primeiro paciente da tarde, e foi soterrado no cemiterio de Pereiró. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Academia de Medicina de Sevilla.
Vida persoal
Casou con Carmen Gándara Fernández, e foi pai de Darío e Alfonso Álvarez Gándara.
Obra miniatura|300px|Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío Álvarez Limeses, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé. Colaborou en numerosos periódicos e revistas: Galicia Emigrante, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Papeles de Son Armadans, Jornal de Noticias. Escribiu dúas novelas en castelán: O fracaso de Clayton (1938, traducida ao galego en 1994) e A las cinco en punto (1939) asinadas co pseudónimo de Lázaro Evia.
A súa tese de doutoramento (1960) está dedicada a Francisco Sánchez e en 1964 publicou o libro Francisco Sánchez, “El escéptico”. Un gallego precursor. Tamén publicou traballos sobre a época de guerra civil na comarca do Baixo Miño: "Historias de la retaguardia nacionalista" na revista Historia y vida (1975), e unha serie de artigos en La Voz de Galicia titulados "Historias de fuxidos".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas "Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez" Tudensia, 3/11/2010. en Nomes e Voces.
Categoría:Médicos de Tui Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela