miniatura|dereita|San Nicolás de Tolentino

O Voto de san Nicolás de Tolentino é unha ofrenda a dito santo instaurada polos veciños de Pontedeume despois do incendio que padeceu a vila no ano 1621, en agradecemento pola súa intervención para aplacar o lume.

Historia Conta a tradición que en dito incendio os monxes do convento de Santo Agostiño sacaron en procesión unha imaxe de Nicolás de Tolentino e botaron ao lume unha reliquia ou xoia do santo. A partir dese momento o lume comezou a minguar ata a súa extinción. O feito foi considerado como un milagre.

Pouco despois do incendio, o 19 de xuño de 1621, reuniuse a Corporación Municipal e decidiu votar un día para gardalo, que será o 10 de setembro de cada ano coincidindo coa súa festividade. Ese día farase misa solemne cantada con sermón e procesión, e o día anterior vésperas solemnes no convento de Santo Agostiño.

O 16 de maio de 1622, a vila, e no seu nome o alcalde maior Pedro Labora, renovou o voto e determinouse nomear Nicolás de Tolentino copatrón da vila, que tiña como único patrón a Santiago Apóstolo. Neste voto faise referencia aos boliños de san Nicolás, pequenas pezas de pan que se consagran na misa solemne do día 10 de setembro e que se reparten entre os veciños para protexeren as súas casas do lume. Este costume lembra a reliquia que se lanzara ás chamas.

Tradición Desde entón, as familias eumesas vanse alternando na renovación do voto e a preparación dos boliños, dos que son moi celosos, levándoos ás súas casas para protexelas dos incendios. En dous incendios posteriores nos anos 1892, cando se queimaron tres casas, e en 1941 que ardeu unha casa, botáronse ao lume os boliños.

Hoxe en día, o día 10 de setembro é un dos días grandes das festas patronais e continúase renovando o voto.

Véxase tamén Bibliografía San Nicolás de Tolentino, Co-patrono de la Villa de Pontedeume. DL C-1161/97

Categoría:Tradicións Categoría:Pontedeume