Fala o fistor e fáise o dia é unha obra en lingua galega da filóloga francesa Martine Roux, editada por Ediciós do Castro en 1982, na serie Liminar de lingüística.

Características A obra escolma "algúns aspectos da tradición oral galega na parroquia do Cebreiro". É o resultado da súa tese doutoral, presentada na Facultade de Letras e Ciencias Humanas da Universidade de Nantes o 26 de xuño de 1979, con dirección de Antoine Resano.

Nos agradecementos a autora explica que foi Álvaro Cunqueiro quen lle recomendou que fixese a súa investigación no Cebreiro. A transcrición dos textos foi revisada por Francisco Fernández Rei, e o traballo contou coa colaboración de Carlos Alonso del Real, quen foi partícipe da publicación e escribiu o prólogo da obra.

Na introdución inclúese unha caracterización lingüística, na que se explica as características propias do galego oriental. O traballo en si está estruturado en catro apartados: "Miseria e traballo", "Vida e morte", "Maxia, relixión" e "Os tempos pasados". Cada apartado inclúe diversos relatos orais dos informadores, comentados ao final pola autora.

Véxase tamén Ligazóns externas Fala o fistor e fáise o día, en OpenLibrary

Categoría:Obras literarias de 1982 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Ensaio Categoría:Lingua galega Categoría:Pedrafita do Cebreiro