Antonio Hervella Martínez, nado no Barco de Valdeorras o 17 de marzo de 1935 e finado no mesmo concello o 1 de xaneiro de 2020, foi un procurador e político galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Tertuliano Hervella Nieto. Foi concelleiro do Barco de Valdeorras entre 1979 e 1983 por Coalición Democrática. En 1983 foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras por AP, sendo tamén o primeiro presidente da Mancomunidade de Valdeorras, así como deputado provincial. En 1987 non concorreu á reelección e non continuou nos devanditos cargos. Posteriormente foi e asesor da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia, e en 1991 volveu á política local como primeiro tenente de alcalde do Barco polo PPdeG. En 1993 foi elixido senador pola provincia de Ourense polo Partido Popular na V lexislatura (1993-1996). Posteriormente abandonou a formación popular, e en 1999 encabezou a candidatura de Coalición Galega no Barco, conseguindo 2 concelleiros. En outubro de 2002 os membros de Coalición Galega barquenses regresaron ó PPdeGEl PP de O Barco creará una gestora y proclamará candidato en diciembre, se ben non continuou na primeira liña política tralo fin do mandato en 2003.

Vida persoal Casou con Aurelia Garrido Forneiro e foi pai de Antonio Aurelio, Pedro Tertuliano e Mirian Hervella Garrido.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais no Barco de Valdeorras

Ligazóns externas Ficha no Senado

Categoría:Alcaldes do Barco de Valdeorras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados no Barco de Valdeorras

Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes