Franc3s é unha banda galega de noise rock con membros procedentes de Carballo e Vilalba. O seu nome foi elixido polo seu gusto pola actriz Frances Farmer, a cantante Frances McKee (The Vaselines) e a artista circense Frances O’Connor.Bio en lafonoteca.net

Traxectoria Ao pouco de formarse a banda comezou a gravar demos e no ano 2008 publicaron o seu primeiro EP, Franc3s. Ese ano a revista Rockdelux falou deles como a revelación do Festival do Norte 2008, e foron entrevistados no programa Disco Grande de Radio 3.

No ano 2009 editaron o seu segundo EP, La exhibición de atrocidades, e un ano despois asinaron co selo Los Enanos Gigantes para editar o que sería o seu primeiro álbum. Franc3s foi lanzado a principios do ano 2011, e nel contan coa colaboración de Marina Gómez de Klaus & Kinski, Rodrigo Caamaño e Isa Cea de Triángulo de Amor Bizarro ou Florent e Eric Jimenez de Los Planetas entre outros. O disco foi gravado analoxicamente nos Estudios Brazil con Fino Oyonarte (Clovis, Los Enemigos), optando por un son lo-fi.

A banda falou de plans para empezar a gravar novos temas, cunha sonoridade máis pop, a partir de outubro de 2011, e para comezar a realizar novos concertos a partir do mes de novembro. No ano seguinte Franc3s lanzou o seu segundo álbum de estudio, Campanas de fuego rosa, producido por Rodrigo Caamaño.

Franc3s disolveuse no ano 2013 despois de publicar o sinxelo "El sentido de la lucha", dedicado ao seu amigo o pintor e deseñador gráfico Alberto Gende, falecido en 2012. Antes da disolución da banda Alberto M. Vecino decidira formar un proxecto con Gende, e tras a súa morte uniuse ao seu irmán, Diego Gende, e a Rubén Domínguez de Telephones Rouges para formar Chicharrón.

Membros María Costa - batería e voz. Patricia Bermúdez- sintetizadores e voz. Alberto M. Vecino - guitarra e voz.

Discografía Álbum Ano Selo Notas Franc3s 2008 autoeditado EP La exhibición de atrocidades 2009 autoeditado EP Franc3s 2011 Los Enanos Gigantes álbum "Campanas de fuego rosa" 2012 Limbo Starr sinxelo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda MySpace da banda

Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de Galicia