José Benito Souto Lourido, nado en 1929 e finado o 13 de agosto de 2008, foi un político galego do PPdeG e alcalde de Vilarmaior.

Traxectoria Foi alcalde de Vilarmaior dende 1983 ata 2003, primeiro por AP e despois polo PPdeG gañando sempre as eleccións municipais por maioría absoluta. En 2003 foi substituído como cabeza de lista polo seu colaborador Carlos Vázquez Quintián pero continuou como concelleiro do PPdeG en Vilarmaior.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilarmaior

Ligazóns externas Necrolóxica en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Vilarmaior Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes