Carlos Hervés Beloso, nado en Marín o 1 de xuño de 1953, é un economista e matemático galego.
Traxectoria Licenciado en Matemáticas en 1975 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na mesma en 1979. Foi investigador nas universidades de Nancy (1977-1978), Trinity College de Dublín (1979-1980) e Harvard (1989). É catedrático de Análise Matemática dende 1989. Como docente, impartiu clases na propia Universidade de Santiago, así como na Universidade Carlos III de Madrid (1990-1996) onde foi director do departamento de Economía (1993-1995). En 1996 reincorporouse á Universidade de Vigo como director do departamento de Matemáticas (1996-1999), onde continúa o seu labor docente e investigadora.
Especializado en economía matemática e, en concreto, na teoría do equilibrio xeral. Ten publicado artigos en revistas como Journal of Functional Analysis, Journal of Economic Theory, Journal of Mathematical Economics, Economic Theory ou Journal of Economics. Foi recoñecido como Economic Theory Fellow pola Society for the Advancement of Economic TheoryUn catedrático gallego ingresa en un grupo de economistas entre los que se encuentran varios Nobel , El Correo Gallego, 8/10/2011..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Carlos Hervés en Academia.edu
Categoría:Economistas matemáticos Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes