A bandeira nacional de San Tomé e Príncipe foi adoptada o 5 de novembro de 1975, pouco despois da súa independencia de Portugal.

Cores e simbolismo O triángulo vermello simboliza a loita pola independencia e as dúas estrelas negras simbolizan a súa unión cos demais países africanos e tamén representan ás dúas principais illas do país, a de San Tomé e a de Príncipe. O verde, amarelo e vermello son as cores do panafricanismo. O amarelo tamén se pode explicar por ser a cor dos froitos da planta do cacao e o verde pola vexetación tropical do arquipélago.

Historia Esta bandeira foi empregada polo partido independentista do Movimento de Libertação de São Tomé e Príncipe (MLSTP), que pretendía conseguir a independencia, a única diferenza coa bandeira actual era que as bandas horizontais tiñan longos iguais. Foi adoptada o 5 de novembro de 1975, tan só catro meses despois da independencia do arquipélago.

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de San Tomé e Príncipe en Flags of the World

Categoría:Símbolos de San Tomé e Príncipe Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1975