Jorge Francisco Calvo Pestonit, nado en Santiago de Compostela en 1952 e finado o 1 de novembro de 2016, foi un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Exerceu como médico no Centro de Saúde de Toques. En 2007 encabezou a lista do PPdeG á alcaldía de Toques, firmando un pacto de goberno co PSdeG e o BNG polo cal foi alcalde dende agosto 2009, ocupándoa o socialista Miguel Ángel Buján Varela os dous anos anteriores. En 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG, foi a candidatura máis votada e foi reelixido mediante outro pacto de goberno, esta vez con Xuntos Cara ao Progreso de Toques (XCPT)El PP entregará la alcaldía de Toques a mitad de mandato a los independientes, ocupando a alcaldía ata setembro de 2013, cando lla cedeu ó líder desta formación José Antonio Castro FragaToques estrena su segundo alcalde de este mandato. En 2015 os independentes integráronse no PPdeG, con Castro Fraga como candidato e el como número 2, logrando se-los máis votados pero sen maioría absoluta, polo que socialistas e nacionalistas formaron goberno e quedaron na oposición.
Vida persoal Finou o 1 de novembro de 2016Toques despide al que fue su médico y alcalde Jorge Calvo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Toques
Ligazóns externas PSOE y PP se turnarán en la alcaldía de Toques en un tripartito con el BNG en La Voz de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Toques Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes