Sara Louraço Vidal, nada en Nazaré en 1980, é unha cantante portuguesa. Entre 2005 e 2011 foi a vocalista do grupo galego de folk Luar na Lubre.
Biografía En 2004 empezou a acompañar a Luar na Lubre nos seus concertos, sendo a partir de 2005 a vocalista do grupo coa marcha de Rosa Cedrón. Ese mesmo ano publicouse o álbum Saudade xa coa súa voz.
En setembro de 2011 abandonou o grupo alegando motivos persoais e regresou a Portugal, colaborando con distintos grupos portugueses da música folk e tradicional.
Discografía
CD Luar na Lubre - Saudade (2005, Warner Music) Luar na Lubre - Camiños da fin da terra (2007, Warner Music) Luar na Lubre - Solstício (2010, Warner Music) A Presença das Formigas - Pé de Vento (2014, Careto) FolkMus - Music in Museums (2014, UE) Espiral - Espiral (2015, Sons Vadios)
DVD Luar na Lubre - Ao vivo (2009, Warner Music)
EP Contracorrente - Contracorrente (2013, d'Eurídice)
Colaboracións Toques do Caramulo - Retoques (2011, d'Eurídice) O Baú - Achega-te (2012, O Baú) Sebastião Antunes e a Quadrilha - Com um abraço (2012, Vachier) Mosca Tosca - Assimetria (2013, Tradballs) Grupo Origem - As Boltas do Bira (2014, Açor) Ronda dos Quatro Caminhos - Tierra Alantre (2014, Ocarina) Zeca Medeiros - Aprendiz de Feiticeiro (2014)
Premios 2008 - Premio Mellor Álbum Tradicional / Premios da Musica, por "Camiños da fin da terra" (Luar na Lubre) 2008 - Premio Mellor Canción en Galego / Premios da Musica, por "Canto de andar" (Luar na Lubre) 2009 - Premio Mellor Álbum Tradicional / Premios da Musica, por "Ao vivo" (Luar na Lubre) 2013 - Premio Adriano Correia de Oliveira / Festival Cantar Abril (Contracorrente) 2014 - Premio Mellor Versión 2013 / Premios «Sopa da Pedra», por "A Morte saiu à rua". (Contracorrente)
Véxase tamén Ligazóns externas Soundcloud oficial da artista Blog oficial da artista
Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Personalidades do folk Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados no distrito de Leiria