Antonio Caneda Rodríguez, nado en Medos (San Xoán de Río) o 4 de maio de 1906 e finado en San Cosmede de Cusanca (O Irixo) o 29 de agosto de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Asistiu ás escolas da Fundación Eumenio Ancoechea na Pobra de Trives. Estudou Maxisterio en Ourense e incorporouse á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Foi mestre na escola de Medos entre 1934 e 1936. Trasladou a escola de Medos á casa reitoral. Militante do Partido Radical-Socialista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e trasladado a Ourense. Foi cesado como mestre en agosto.La Región, 19-8-1936, p. 2.La Región, 4-9-1936, p. 2. Foi obrigado a traballar na limpeza das rúas de Ourense. Foi trasladado preso ao Castro de Caldelas, de onde o sacaron para asasinalo nas proximidades do Paraño, na parroquia de San Cosmede de Cusanca, en agosto de 1937.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web sobre Antonio Caneda Tríptico homenaxe Antonio Caneda 2007
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en San Xoán de Río Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1937