José Manuel Pose Castelo (nado en Rois e finado o 19 de marzo de 2013, foi un empresario e piloto de rallys galego, que competiu no Campionato de Galicia de Rally.

Traxectoria Era fillo do tamén piloto José Pose, campión galego de montaña en 1993. Comezou no ano 1991 cun Seat Marbella, co que participou logo na Copa Marbella do Campionato de Galicia. Despois dunha paréntese regresou á competición cun Peugeot 106 e no 2006 detectóuselle un cancro de pulmón, que o obrigou a operarse en Pamplona e o mantivo apartado da competición. Máis tarde arrendou un BMW M3 que cambiou en 2011 por un Subaru Impreza WRC. A súa última carreira foi no Rally Botafumeiro de 2012 onde finalizou décimo cun Mitsubishi Lancer Evo X.

Faleceu polo cancro o 19 de marzo de 2013.

Vida persoal Casou con Isabel e tivo un fillo, Maxi.

Resultados Campionato de Galicia de Rally Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos2009 BMW M3CDUCOCRDNALBCDNSDCLUGOBLBOTRet - 02010 BMW M3CDUCOCRDN33CDNSDCLUGOBLBOTRet - 02011Senra Sport Subaru Impreza S5 WRC '99COCRDN21CDUCDNSDCLUGOBLSDGBOT72012 Subaru Impreza S5 WRC '99COC12RDNEXCULLCDNSDCLUGRBS Pose Sport Mitsubishi Lancer Evo XBOT10

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en Rois