Cosme López Rodríguez, nado o 16 de decembro de 1915 en Óutara (A Pobra do Brollón) e finado na Rúa o 27 de agosto de 1987, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estudou na Escola Normal de Maxisterio de Ourense. Empezou como mestre substituto na escola da Aira Vella en novembro de 1936. Despois da guerra reincorporouse como docente en Celanova e Coles. En 1944 foi destinado á Escola Unitaria da Rúa onde permaneceu ata a inauguración da Agrupación Escolar Manuel Respino que impulsou e dirixiu ata a súa xubilación, o 1 de xaneiro de 1983.
Foi alcalde do concello da Rúa pola UCD nas primeiras eleccións democráticas, sendo reelixido en 1983 á fronte de Coalición Galega. Mantívose no cargo ata a súa dimisión en decembro de 1985.
En marzo de 1987 déronlle o seu nome ao IES da Rúa.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Rúa
Ligazóns externas Biografía na web do IES Cosme López Rodríguez
Categoría:Alcaldes da Rúa Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes