Anambra é un dos estados da República Federal de Nixeria. Ten unha superficie de 4.844 quilómetros cadrados. A poboación no 2007 era de 4 887 379 persoas, o que daba unha densidade de poboación de 1.009 habitantes por cada quilómetro cadrado. Foi creado a 3 de febreiro de 1976 a partir do antigo estado Centro Oriental. A capital era entón a cidade de Enugu. O 27 de agosto de 1991 naceu o estado de Enugu, pasando a capital e sede do goberno, de Anambra, para a cidade de Awka.

A orixe do nome do estado derivado do río Anambra (Omambala), que é un afluente do río Níxer.

A etnia predominante do estado de Anambra son os igbos (98% da poboación), cunha pequena poboación de igalas (2% da poboación) que viven na parte norte-occidental do estado.

Anambra é o oitavo estado máis populoso de Nixeria, e o segundo estado máis densamente poboado tras Lagos.

Áreas de goberno local

Este estado subdivídese internamente nun total de 21 áreas de goberno local, a saber:

Aguata Anambra Anambra West Anaocha Awka North Awka South Ayamelum Dunukofia Ekwusigo Idemili North Idemili South Ihiala Njikoka Nnewi North Nnewi South Ogbaru Onitsha North Onitsha South Orumba North Orumba South Oyi

Notas

Categoría:Estados de Nixeria