José Pérez Iglesias, nado en Orega (Leiro) o 2 de xullo de 1952, é un profesor e político galego do PPdeG. Casado e con dous fillos.

Traxectoria Estudou no seminario e despois pasou ao Colexio Cisneros. Fixo o bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense e a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Xeografía e Historia no IES de Ribadavia, do que foi director entre 1986 e 1995. Militou no PNG. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura Independentes Concello de Ribadavia, logrando 2 concelleiros e sendo a chave de goberno. Desta forma, apoiou ó candidato do PPdeG Jaime Dávila Sánchez e pasou a ser tenente de alcalde e concelleiro de Cultura. Posteriormente integrouse no PPdeG, e encabezou a súa candidatura en substitución de Dávila nas municipais de 1999. En ditas eleccións foi a forza máis votada e foi elixido alcalde co apoio do único concelleiro de Jóvenes Populares do Ribeiro, o cal foi expulsado da formación por formar goberno cos populares de costas á organización. Durante este mandato chegou a ocupa-la presidencia da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro.

En 2002 perdeu a maioría de goberno tras cesar no mes de febreiro unha das edís do grupo popularEl alcalde de Ribadavia anuncia el cese de la portavoz del gobierno en la sede del PP. En novembro cesaría o edil electo por Jóvenes PopularesEl PP destituye al concejal de Obras de Ribadavia por romper la disciplina de voto. Nas municipais de 2003 pese a volver se-la forza máis votada non obtivo a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía tras lograr o PSdeG-PSOE un pacto co BNG. Nas municipais de 2007 foi superado polo PSdeG, polo que permaneceu como portavoz do PPdeG na oposición ata o final do mandato no 2011. En 2012 foi nomeado director do Servizo Público de Emprego Estatal en Ourense.La Voz de Galicia, Ourense, 17-6-2018, p. 12

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Ribadavia

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia. Noticia en La Región.

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Leiro Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes