Bauchi é un estado da República Federal de Nixeria. A súa capital é a cidade de Bauchi.

Cunha extensión de 45.837 quilómetros cadrados, limita polo norte cos estados de Jigawa, Kano e Yobe, polo leste co estado de Gombe, polo sur cos estados de Plateau e Taraba e polo oeste co estado de Kaduna.

Ten unha poboación de 4 880 573 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 106,5 habitantes por cada quilómetro cadrado.

Este estado subdivídese internamente nun total de 20 Áreas de Goberno Local:

Alkaleri Bauchi Bogoro Dambam Darazo Dass Gamawa Ganjuma Giyade Itas/Gadau Jama'are Katagum Kirfi Misau Ningi Shira Tafawa Balewa Toro Warji Zaki

Bauchi